viernes, 3 de julio de 2020

Somos vento!!

                Bos días nenos e nenas!! Lembrádesvos que fai unhas semanas o lobo sopraba para desfacer a casa dos porquiños? Pois hoxe imos ser nos os que sopramos!! Imos a realizar unha actividade na que nos van a axudar papá e mamá. Un muiño de vento para ver canto sodes capaces de soprar!!


                Materiais que precisamos:

-          Folio.

-          Pinturas.

-          Tesoiras.

-          Unha chincheta.

-          Un pao de madeira.

                Descrición da actividade:

                Comezaremos sacando dun folio un cadrado e dándollo ao neno ou nena para que coloree. Recomendamos que fagan raias para que o efecto despois sexa de maior movemento e así tamén practiquen o trazo, pero poden facelo co deseño que desexen ou varios e cada un distinto. Despois montarémolo, para iso temos que recortar dende as esquinas cara o centro pero sen chegar a cortar de todo. Unir as esquinas unha si, unha non co centro e cravar a chincheta para unir as esquinas co pao e xa poderemos soprar!! Deixamos a continuación unha imaxe cos pasos.


                Agardamos que o pasedes igual de ben que a profe Emma! Aquí vos deixo un vídeo para que vexades como fixo ela!


                Mandádenos fotiños do voso muiño de vento!!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario