Blog educativo e orientativo creado dende o Punto de Atención a Infancia do Concello de Touro. Un lugar onde se publicarán propostas de actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
sábado, 1 de agosto de 2020
Coas mans na masa semana do 27 ata o 31 de Xullo!!
viernes, 31 de julio de 2020
Non é un adeus é un ata pronto!!
Bos
días e feliz Venres nenas, nenos, mamás, papás e resto de familia!! Hoxe imos
por un punto e a parte ao noso blog. Estamos moi agradecidas a todas e todos
aqueles que colaborastes en facer este espazo que a nós nos gustou tanto,
desfrutamos moito vendo como os nenos e nenas participaron nas actividades que
lle propuxemos.
Dende
aquí queremos despedirnos, pero non é un adeus é un ata logo. Aos máis pequenos
agardamos que este virus nos permita reencontrarnos de novo no PAI en setembro;
aos maiores que marchades para o cole recordade que nós seguiremos aquí e que
estaremos cos brazos abertos sempre e cando a situación o permita agardando a
vosa visita. Desexamos que sexades moi felices na nova etapa que comezades.
Deixamos a pequena orla de graduación que neste caso se tivo que facer dende a
casa, sentimos que non esteades todos, nós fixemos todo o posible.
Agora
sí, aí vos vai a última proposta! Sempre que se acaba o cole, facemos unha
festa, pois ben, esta vez teremos que facela nas nosas casas. Para ambientar a
festa podemos facer tiras de bandeirolas e globos. Os materiais que precisamos:
-
Globos.
-
Papeis de cores.
-
Pinturas.
-
Unha botella de plástico.
-
Cordel.
Para
as bandeirolas, cortarémoslle cachos de papeis, cartóns, cartolinas en forma de
triángulo. Os nenos e nenas pódenlle poñer pegadas, pegatinas, pintalas... para
decoralas.
Para
os globos os nenos e nenas con papeis de cores farán pequenas boliñas de papel,
estas meterémolas nunha botella de plástico que esté ben seca. Logo papá e mamá
inflarán un globo e meteran a boca do globo na boca da botella, e botarán os
papeliños dentro do globo, podedes seguir a imaxe. Os nenos e nenas poden por
tamén pegatinas nos globos
Unha
vez feitas as bandeirolas e preparados os globos colgarémolas dun cordel para
decorar. Mirade como quedaron as nosas na porta do PAI.
Por
rematar hoxe que é o último día imos facer unha experimentación mediante o
gusto, intentamos facer experimentacións saudables, con froitas... pero hoxe
imos decantarnos polo doce e ser máis lambóns. Podedes darlle a probar aos
nenos e nenas chocolate e nata. O chocolate podedes darllo sólido, derretido,
quente, frío... Logo introduciredes a nata, individualmente, e mesturándoa co
chocolate. Tamén poden experimentar con el tocando, que textura ten cada
cousa...
Para
rematar a festa poden con un palillo rebentar os globos e que salten os
papeliños polos aires!!
Esperamos
que os nenos e nenas xunto coa familia desfrute moito da festa!! Xa que non
podemos compartila presencialmente con vós agardamos que nos mandedes a mostra.
Unha aperta e un bico moi moi grande para todos!! Sempre vos lembraremos!!
jueves, 30 de julio de 2020
Piñata de auga!
Bos
días familias! Hoxe volvemos a propoñervos unha actividade de auga, porque
sabemos que vos gustan moito.
A
idea consiste en preparar unha piñata pero con globos de auga. Para realizar a
actividade necesitamos:
-
Globos normais.
-
Auga.
-
Cordel.
-
Rolo de papel de cociña ou un tubo
de cartón.
-
Cinta illante
Papás,
mamás tedes que encher os globos normais con auga, que leven a máxima posible.
Colgarédelos dun cordel, nun espazo exterior e a unha altura que lle permita
aos nenos golpealos. Logo o tubo de cartón podedes envolvelo con cinta illante
para que sexa máis resistente.
Agora
que xa temos todo preparado, a idea é que os nenos golpeen os globos o máis
forte que poidan ata que consigan rompelos. Recomendamos que os nenos estén sen
roupa ou con unha que poidan mollar. Poderedes traballar nesta actividade as
cores (cos globos) e tamén a
motricidade, xa que terán que moverse e golpear o máis forte posible.
miércoles, 29 de julio de 2020
Pegadas...
Bos días familias!! Estes días que o chan está
quentiño, a todos nos gusta andar descalzos. Que tal se aproveitamos para facer
unha actividade cos pes? Propoñémosvos facer unha alfombra de pegadas.
O
que precisaremos para esta actividade será: un anaco dunha saba, un cartón,
cartolinas, pintura de dedos ou témpera e pratos de plásticos. A actividade
consiste en que os nenos e nenas metan os pes nos pratos que anteriormente
encheremos de pintura e camiñen pola superficie que elixades, que incluso pode
ser o propio chan. Podedes ir cambiando as cores dos pratos para que as pegadas
sexan de cores diferentes.
Unha
actividade moi sinxela pero que favorece a estimulación sensorial dos nenos e
nenas. Con ela podemos traballar as cores, as temperaturas, etc. Agardamos que
desfrutedes moito con ela e que nos mandedes unha imaxe ou vídeo da vosa
alfombriña de pegadas!! Unha aperta!!
martes, 28 de julio de 2020
Onde pinto?
Bos días!! Hoxe
toca arte, pero arte sobre distintas texturas. Para que os nenos poidan ver o
efecto da pintura en cada unha delas. Os materiais que precisamos son:
-
Cartón.
-
Tesoiras.
-
Pinceis.
-
Pinturas.
-
Pegamento.
-
Un anaco de film transparente,
papel de prata, tea, papel de periódico, papel de forno, poriespan, papel de
cociña...
Para comezar o adulto fará no
cartón tantos ocos como materiais vaia utilizar. En cada oco pegará un anaco de
cada material. A continuación os nenos e nenas pintarán con pincel sobre as
distintas texturas. Os nenos e nenas poderán observar como nuns materiais a
pintura se absorbe rapidamente, noutros tarda tempo en secar, noutros poden
vela polo outro lado, etc. Este é o resultado do noso traballo.
Agardamos ver como quedaron os vosos!! Unha apertiña!!
lunes, 27 de julio de 2020
Xogamos os bolos?
Bos días familias!! Que tal se comezamos a semana facendo un xogo? Imos xogar os bolos!!
Os materiais que ides precisar
son:
-
6 ou máis vasos de iogur baleiros.
-
Pinturas de dedos, rotuladores...
-
Pegatinas, cachiños de papeis...
-
Papel de prata.
O primeiro que faremos será quitarlle o papel de arredor aos vasos de iogur e os nenos e nenas poden decoralos como máis lle guste. Unha vez decorados podemos colocalos uns enriba de outros para facer unha pirámide. Como na seguinte foto.
Agora faremos a bola para a que
empregarán un anaco grande de papel de prata que irán apertando e coa nosa
axuda lle irán dando forma redondeada. Cando esté lista podemos lanzar a bola e
dar comezo ao xogo. Se hai máis de un neno ou nena poden xogar por quendas.
Agardamos ver que tal o
pasades!! Unha aperta moi grande!!
sábado, 25 de julio de 2020
Coas mans na masa semana do 20 ao 24 de Xullo
viernes, 24 de julio de 2020
Auga de artificio!!
Bos días familias!!
Mañá festexase o día de Galicia, unha das actividades máis características
deste son os fogos de artificio que se tiran esta noite, pois ben, nos imos facer unha variante un
pouco menos perigosa, auga de artificio. Pero antes de comezar a profe Iria
vainos contar un conto dos Bolechas, atentos a onde van!!
Agora podemos comezar coa actividade
e para iso precisaremos:
-
Xiringas.
-
Esprays pulverizadores.
-
Colorante.
-
Recipientes.
-
Cartón ou folios.
-
Papel de periódico.
-
Pegamento.
A actividade terá distintas
partes:
-
Primeiro podemos encher as
xiringas e pulverizadores de auga e que os nenos e nenas o aperten para ver
como sae, disparando cara arriba, en pequenas gotas, forte...
-
Seguidamente podemos tinguir nuns
recipientes a auga de distintas cores, metémola nas xiringas e pulverizadores e
os nenos e nenas xiringarán e pulverizaran sobre un papel ou cartón. As gotas
ao caer simularán a explosión de cor dos fogos artificiais.
-
Podemos facer unha variante, que
sería facer con papel de periódico unha silueta dunha catedral e pegala no
cartón ou nos folios e que os nenos pulvericen por encima, logo podemos deixar
que se vexa a silueta de periódico ou sacar o periódico e que se vexa a silueta
sen pintar.
Con esta actividade a parte de
facer unha obra de arte, faremos a nosa reprodución da festa do Apóstolo.
Agardamos ver as vosas obras, a continuación deixamos a nosa. Unha aperta moi
grande!!
jueves, 23 de julio de 2020
De cor en cor!!
Bos días familias!!
Hoxe é un bo día para movernos!! Imos a realizar unha actividade de
psicomotricidade coa que tamén traballaremos as cores.
O que precisaremos para poder
realizar a actividade é un dado ao que lle pegaremos cores polos lados, podemos
empregar as cores que máis vimos (azul, amarelo, verde e vermello), inda que
para os máis maiores podemos incluír outras cores que xa coñecen (laranxa,
rosa...), tamén temos que facer círculos das mesmas cores que empregastes para
o dado, tres ou catro de cada cor. Podedes descargar a suliueta do dado para poder facelo pinchando en "dado". Este é o dado que fixemos nós:
Agora podemos facer distintos
xogos:
-
Podemos facer un círculo grande
cos círculos de cores, que os nenos e nenas tiren o dado e se dirixan correndo
a cor que lles saíu. Podemos ir sacando os círculos sobre os que se posicione,
para que non se dirixan sempre ó mesmo. Deixamos unha foto de como quedou o
noso.
-
A seguinte proposta sería colocar
como vos imos ensinar na imaxe as cores todas alternas, imos tirando o dado e
os nenos deben de ir poñendo primeiro un pé logo o outro, logo unha man e logo
a outra, encima das cores que lle vaian saíndo.
Deixamos
unha canción para ambientar o xogo que é moi movida.
Agardamos
que os nenos se divirtan moito con este xogo e ao mesmo tempo se movan.
Mandádenos a mostra!! Unha aperta moi grande!!
miércoles, 22 de julio de 2020
Aishh, que viscoso!!
Bos días familias!! Hoxe é día de
experimentación. Os vosos pequenos e pequenas probaron algunha vez a xelatina?
Pois hoxe é o día!!!
Temos
distintas propostas para a experimentación, pero para poder comezar debemos de
facer a xelatina, podedes empregar as láminas, ou polvos para facela, podedes
facela de cores e sabores, neutra e logo tinguila con colorante alimenticio de
distintas cores, ou mercala xa feita.
A
segunda parte é probala, deixar que os nenos e nenas as proben eles sós, e
experimenten a que saben, que textura ten...
A
terceira parte será que a boten nun bol ou barreño grande e que a manipulen
coas mans, así tamén poden experimentar a textura que ten e a temperatura, pero
neste caso coas mans.
Por
último o que faremos e que os nenos experimenten cos pés, meténdose no barreño
ou botando a xelatina nunha piscina baleira. Unha vez que experimenten cos pes
podemos botar auga e que vexan como fai desta maneira, se flota ou non...
Agardamos
que lle guste moito a experimentación, e que nos mandedes a mostra! Unha aperta
con moito agarimo!!
martes, 21 de julio de 2020
As plantas teñen moita sede!!
Bos días familias!! Estes días fixo moita calor, e non nos podemos esquecer de que as plantas sen auga non poden medrar e quedan sen flores. Se non mirade o que lle pasaba ao xirasol.
Agora imos a realizar unha breve ficha para recordar os termos arriba abaixo. O que terán que facer é unir a regadeira coa planta, podemos facelo coa cor azul para simular a auga. Podedes descargar a ficha pinchando en “ regamos “.
Despois de realizar a ficha
podemos facer a actividade cos nenos e nenas de regar as plantas, para mellorar
a súa autonomía, dándolle unha regadeira e dicíndolle que teñen que regar as
plantas, pero que tampouco podemos botarlle moita auga para non afogalas.
Agardamos que lles guste moito a
actividade e que nos mandedes o ben que lles saíu! Unha aperta moi grande!
lunes, 20 de julio de 2020
Bzzzzzzzzz!!
Bos días e feliz
semana familias! Comezamos unha nova semana propoñéndovos unha actividade
relacionada coas abellas e co mel. Para introducir a actividade escoitade esta
canción, que é un xogo de corro, ao cal podedes xogar vós na casa, canta a profe Emma e é interpretada polo noso compañeiro Breixo a súa irmá Clara e o seu amiguiño Ivan.
A idea principal é facer unha composición que podemos pegar nunha parede e que consta de un panal, flores e unha abella.
Os materiais que precisamos son:
-
Rolos de papel hixiénico.
-
Folios.
-
Pinturas.
-
Papeis de cores.
-
Tesoiras.
-
Pegamento.
-
Fío.
-
Limpapipas ou bastoncillos das
orellas
Para o panal cortaremos o rolo
de papel hixiénico en círculos e darémosllo ao neno ou nena para que o pinte de
cor amarelo.
Para a abella precisamos un rolo de papel hixiénico que tamén pintarán de amarelo, logo papá ou mamá debuxarán dúas liñas negras, tamén se pode por cinta illante negra. Os ollos podedes debuxalos con rotulados ou poñerlle ollos móbiles, para as antenas podemos empregar limpa pipas, bastoncillos para as orellas ou calquer outro elemento ríxido. Para as ás debuxaremos a forma nunha folla e que a pinten, o mesmo para o aguillón debuxámoslle a forma e que o pinten de negro. Logo pegaremos todas as partes.
As flores debuxarémosllas nunha
folla e os nenos e nenas con papeis de cores farán boliñas que iremos pegando
sobre os pétalos.
Con esta composición
traballaremos formas (o círculo), cores, concepto arriba – abaixo, a
motricidade fina ao facer as boliñas...
Por último podedes contarlle aos
nenos e nenas que son as abellas as que fabrican o mel e animalos a que o
proben.
Seguro que a vosa composición queda máis fermosa. Agardamos que nos mandedes unha foto!
sábado, 18 de julio de 2020
Coas mans na masa semana do 13 ao 17 de Xullo!!
Boas noites
familias! Unha semana máis deixamos as fotiños dos nosos pequenos e pequenas!!
Imos de viaxe!!
Breixo deixanos un vídeo e unha foto do ben que diferenciou as
cousas que emprega para ir a praia!
Alejandro marcou con gomets as cousas que emprega para ir a praia.
As ondas do mar!!
A Alejandro gustoulle moito a actividade da espuma ata se refregou
todo por encima!!
Iris tamén fixo a actividade da espuma e sacou moitas cousiñas de
dentro.
Breixo mandounos un colllage e uns vídeos da súa actividade.
A caracola Manola!!
Iris fixo un acuario moi fermoso e mandounos a mostra!
Alejandro tamén nola mandou e cóntannos que lle encanta a canción.
Pomp Arte!!
A Alejandro costulle un pouco soprar pero fixo o que puido.
Iris pola contra fixo unha obra de arte moi moi fermosa.
Ao rescate!!
Esta foi a actividade que máis lle gustou a Iris seica desfrutou
moito con ela, enviounos todo o proceso, para rescatar as caracolas empregou sal, un marelo...
Alejandro tamén desfrutou moito rescatando a Caracola Manola do
cubo de xeo.
Agardamos que vos gustasen moito actividades e os que inda as
queredes facer e enviarnos fotos estades a tempo!!! Unha aperta moi grande!!!