sábado, 30 de mayo de 2020

Coas mans na masa semana do 25 ao 29 de Maio!!

    Boa fin de semana familias imos rematar esta semana tan calorosa coas fotos dos nosos cativos e cativas!!

Por unhas esquiniñas de nada!!

                Breixo mandounos un vídeo para que vexades que xa coñece moi ben as figuras!! E tamén vos manda un bico para todos vos!!

                Uxio tamén está comezando a coñecer o cadrado!!! Pouquiño a pouco!!

                Iris tamén coñeceu a nova forma, o triangulo, e ata fixo o peixiño da canción, traballando grande pequeno!! Que ben!!

                Alejandro tamén debuxou igual que Uxio no chan e foi metendo as pezas.


Pum pum pam!!

                Iris fixo a súa propia bateria, mirade que ben a toca, indaque algúns sons lle gustan más ca outros!!

                Alejandro tamén tocou a súa, inda que lle gustaba mais pintala cos rotuladores.

                A Breixo gustáballe tocala, o que non lle gustaba era que a súa mamá Emma o gravase!!

CHOF CHOF CHOF!!

                Uxio e a súa irmá Iria pasárono xenial, cóntanos a súa nai que ao día seguinte estivo transvasando auga a carretilla, aquí nos deixa as probas da súa experimentación!!

                Hugo García tamén fixo a experimentación coa súa irmán Aroa e mandaronos fotos e vídeos!!

                Breixo fixo dentro da piscina coa súa irmá Clara, que lle ensina moitas cousas.

                Alejandro tamen a fixo e acabou metido no caldeiro de experimentar. Aquí temos unhas fotos e vídeo.

                Iris tan pronto se enterou que había que experimentar coa auga non puido resistir e quíxoa facer nese momento, é toda unha aventureira!!

Unha merenda fresca!!

                Uxio é un larpeiro!! Mirade como lle gustaron as brochetas de froita mmmm

Pelotiña pelotiña!!

                Iris aproveitou o saír da piscina para xogar a pelota! Fixo unha canastra improvisada!!


                Unha semana máis moitas grazas por mandarnos as imaxes dos pequenos e pequenas!! Fainos moi felices velos e velas!! Unha aperta moi moi grande!! E recordade que nunca  é tarde para mandarnos cousiñas!!!


viernes, 29 de mayo de 2020

Pelotiña pelotiña!!

Bos días! Seguimos co bo tempo e coas actividades no exterior. Hoxe ímonos axudar dunha pelota. 


Tratase de facer actividades de coordinación:
- Pasala de unha man a outra.
- Tirala ao aire e intentar collela coas dúas mans.
- Que nós lla tiremos e eles ou elas a reciban coas dúas mans
- Que eles ou elas no la lacen a nós.
- Intentar encestala nunha caixa ou cesta cada vez dende máis distancia.
- Intentar botala (coas dúas ou con unha dependendo das capacidades dos nenos)
- Intentar chutala.

Tamén podemos deixar que o neno ou nena xogue libremente coa pelota sen ningunha pauta. Esta actividade permitenos traballar a coordinación, ollo -  man, ollo – pé. Agardamos que o pasedes moi ben! Unha aperta!

jueves, 28 de mayo de 2020

Unha merenda fresca!!

                Holaa!! Estamos aquí de novo. Un día máis queremos fomentar a autonomía e os bos hábitos nos nosos pequenos e pequenas. Por iso a proposta de hoxe é unha merenda fresca e saudable. Cos restos da merenda podemos facer un debuxo.


                Como xa coñecemos noutras ocasións as froitas, nesta ocasión o que precisamos é un recipiente con diferentes froitas e paos de brocheta.

                Os nenos e nenas serán os encargados de crear as súas propias brochetas de froitas. Os máis maiores unha vez que teñan as brochetas feitas poden intentar identificar o anaco, a que froita corresponde.

                Podemos complementar a merenda con iogures ou zumes de froitas, onde poidan meter a brocheta e probar os sabores mesturadas.

                Cos restos que nos queden das froitas podemos debuxar. Darémoslle unha folla e os restos de froitas que nos sobraron, poden ir arrastrando as froitas polo papel coa man ou cravadas nun garfo, e poden observar como algunhas froitas tinguen moito o papel e outras moi pouco.

                Agardamos que vos guste a merenda e fagades grandes obras de arte. Un bico!!


miércoles, 27 de mayo de 2020

Chof chof!!

    Bos días!! Con esta calor hoxe propoñemos unha actividade para facer no exterior.

    Os materiais que precisamos son:

-          Barreño con auga

-          Palliñas

-          Vasos de plástico

-          Coadores

-          Botellas de plástico

-          Embudos

-          Esponxas

-          ...

                Imos facer unha experimentación con auga, imos colocar o barreño nun espazo e deixar o seu carón todos os materiais. Non consiste en darlle instrucións aos pequenos e pequenas se non que lle digamos que vaian mirar a ver que hai, e nós só nos limitaremos a ver que fan. Eles experimentarán cos materiais, transvasarán a auga de uns vasos a outros ou de vasos a botellas, pasarán a auga polo coador... Deixaremos que libremente fagan a actividade, que aproveiten  o bo tempo para mollarse. Sorprenderavos todo o que son capaces de imaxinar e facer...


                Agardamos que nos mandedes fotos e vídeos dos nenos desfrutando!! Unha aperta!!


martes, 26 de mayo de 2020

Pum pum pam!!

Bos días a todos e todas! Hoxe toca facer ruído! A profe Emma vainos contar o conto de “Violín”  .


                Despois de ver o conto a actividade de hoxe consiste en crear o noso propio instrumento. A nosa proposta é unha batería, deixámosvos unha foto, e incluso un vídeo. Podemos construíla sobre unha base de cartón, cartolina, etc. Pegaremos enriba para que cando os nenos batan non se movan os distintos envases: botes de plástico, caixas, latas, etc. Os cativos e cativas poden decorar as súas baterías como máis lle guste, con temperas, con pegatinas, con cachos de papeis... Dádelle uso ao pegamento e ao papel que lle gusta moito!! Logo os nenos e nenas baterán nos distintos envases con unha culler de pao, rotuladores... Escoitarán os distintos sons que fan dependendo dos materiais.



                Este é o instrumento que nós vos propoñemos pero cada un pode facer o que mais lle guste. Esperamos ver as vosas propostas e vídeos do ben que tocades!! Unha aperta moi grande!!


lunes, 25 de mayo de 2020

Por unhas esquiniñas de nada!

    Bos días e feliz semana familias. Que vos parece se hoxe coñecemos unha forma nova? Imos presentar dúas distintas, unha para cada grupo de idade.

        Comezamos polos máis pequenos, xa coñecen o círculo así que a nova forma que imos introducir é o cadrado. 


    Primeiro imos ver o conto “Por cuatro esquinitas de nada”. Poderemos parar o conto e ensinarlle as figuras, o círculo que xa coñecen e o cadrado que é a figura nova. A continuación podemos debuxar no chan con xiz ou cinta illante un círculo e un cadrado. Nun recipiente podemos mesturar tapas de botes de envases, xoguetes, con formas cadrada e circular. A intención do xogo sería que o neno ou nena asocie a peza que ten na man coa figura que está debuxada no chan, que a coloque no lugar que corresponde. Se debuxamos as figuras grandes no chan podemos traballar os conceptos dentro fora (métete dentro do cadrado, sal fora do círculo). Se non queredes pintar no chan podedes empregar caixas cadradas, cordas para facer a forma circular...

    Para os maiores, normalmente despois de coñecer  e traballar co círculo e co cadrado, introducimos a figura do triángulo. 


    Desta volta, propoñémosvos que o fagades vós na casa, dun xeito moi sinxelo. Simplemente se trata dunha aproximación ás diferentes formas xeométricas que están presenten en todo o noso entorno. Pódense facer moitas actividades, pero comezaremos pola máis sinxela.

1.           Nun folio, cartón, cartolina, etc, debuxamos un triángulo  e contámoslles aos nenos e nenas que ten tres esquinas, a diferencia do cadrado que ten catro e do círculo que non ten ningunha. Unha vez que o vexan se tedes algún xoguete con esa forma, que o manipulen e experimenten sobre el (pasarlle o dedo a todo o contorno, poñendo especial fincapé nas esquinas...).

2.           Podedes facer con cartolinas ou papeis de cores triángulos pequenos, círculos e cadrados. A idea é que intenten recoñecer e  peguen os triángulos pequenos dentro do grande. Deste xeito traballaremos as formas, os tamaños e tamén as cores.

3.          Unha vez feito, podédeslles pedir que recorten a forma ( todos e todas aqueles que sexan capaces de facelo) e podédela colgar con cinta adhesiva, ou colocarlle un la, etc nun lugar visible para que se vaia familiarizando con ela.

    Para acompañar esta actividade podedes botar man das múltiples cancións que hai en internet sobre o triángulo. Nós deixámosvos este vídeo que tamén traballa grande pequeno, os maiores tamén poden facer a actividade dos pequenos como repaso e os pequenos a de maiores como un pequeno achegamento.


    Desexamos que vos guste a proposta!! Unha aperta moi grande!!


sábado, 23 de mayo de 2020

Coas mans na masa semana do 18 ao 22 de Maio!!

Feliz sábado familias, unha semana máis aquí tamos para deixarvos as fotiños das cousas que fixeron os pequenos e pequenas esta semana!! 
Plastilina caseira!!
Iris fixo plasti de moitad cores, xa tiña moita práctica, non era a primeira vez que a facía.
Alejandro tamén xogou coa plasti de sal. Pero a el non lle gusta tanto, pegábaselle moito nas mans. 
A búsqueda do pitiño!!
A Iris gustoulle moito xogar a buscar o pitiño. Primeiro escondeuno a súa mamá Vanesa e atopouno Iris, e logo escondeuno Iris e doulle as pistas ela á súa mamá pra que o atopase. Aquí nos deixan un vídeo.


Vida práctica!!
Chegou a hora de poñer a mesa!! Iris fixo moi been!!!

A rachar!!
Alejandro rachou un montón de papeis, fixo bolas, tiroullas ao seu irmán Manuel, meteunas nun cubo e logo botounoas por riba...

Iris rachou os papeis, fixo bolas,soprounas con unha palliña, transportounas...



Breixo tamén rachou e fixo as súas boliñas, con elas fixo xogos moi divertidos coa súa irmá Clara!!
Ségueme!!
Uxio fixo o circuíto na súa casa pero parece ser que lle gustou máis debuxalo e chupar os xices.
Unha semana máis moitas gracias por enviarnos cousiñas!! Os que inda nos o fixéstedes lembrade que estades a tempo!! Unha aperta moi grandeee!!

viernes, 22 de mayo de 2020

Ségueme!!

    Chegou o venres familias!! Hoxe traemos unha actividade de psicomotricidade e con moito movemento!! Deixámosvos unha canción de Paco Nogueiras coa cal os nenas e nenos desfrutaban moito no centro.


                Como proposta traemos un circuíto de psicomotricidade de cores. Os materiais que empregaremos para esta actividade serán xices de cores ou cinta adhesiva de cores. Debuxaremos no chan liñas de cores para unir un cadrado azul con outro cadrado azul mediante unha liña azul, un círculo verde con outro círculo verde con unha liña verde e así coas cores que queiramos introducir.


                Os nenos terán que ir dende unha cor a outra seguindo a liña e volver, logo cambiar de cor, e facelo con todas. Podemos complicar o percorrido segundo as capacidades do neno ou nena. Nós facemos as seguintes propostas:

                Para os pequenos:


                Para os maiores:


                Lupe a nai de Marcos tamén nos dou outra idea. Como a Marcos tamén lle gusta moito xogar cos coches, poden facer o circuíto con coches, camións, etc.

                Agardamos ver vídeos de como vos saen os vosos circuítos!! Unha aperta moi grande!!

               


jueves, 21 de mayo de 2020

A rachar!!

Bos días familias!!

    A actividade que vos propoñemos hoxe é moi sinxela e ademais é unha das qué mais lles gusta aos nenos e nenas. Consiste en rachar  e  romper. O material que imos necesitar van ser unicamente follas de xornais ou revistas vellas. Ímoslle dando aos pequenos e pequenas as follas de unha en unha para que as vaian rachando en anacos:  máis longos, máis curtos, máis anchos, máis estreitos,… como lles saian.

    Unha vez que rematen de rachar as follas, podemos pedirlles que fagan bolas cos cachos de papel. Coas bolas poderemos traballar a forma redonda, a dureza, o tamaño ( grande-pequeno). Ademais abriremos unha porta xigante a infinidade de actividades.

    Para que non se desfagan ao xogar con elas, podedes selalas ao redor con cinta adhesiva, así resistirán máis.

Deixámosvos algunha idea do que podedes facer con estas bolas:

1.       Transportalas: propoñédelle ao neno ou nena que leve as bolas dun lugar a outro facendo un pequeno circuíto. Podédeslle dar unha culler, colocar a boliña nela e que a transporten coa man ata unha caixa, cesta, etc e alí a coloquen. Poden repetilo as veces que queiran e os máis atrevidos e atrevidas poden intentar transportar a culler coa boca!!

2.       Carreiras de bolas: sobre unha mesa ou no chan, colocamos as bolas e dámoslle aos nenos e nenas palliñas. Teñen que soprar pola palliña e  intentar que as bolas se movan.

3.       Aspirar: igual que na anterior proposta imos utilizar unha palliña, pero esta vez para aspirar en lugar de para soprar. A idea é que aspiren forte e sexan capaces de levantar as bolas da mesa ou da superficie na que estean e colocalas nunha cesta, caixiña, prato...

Estamos desexando ver o ben que o pasastes con estas propostas.

Moitos bicos!!


miércoles, 20 de mayo de 2020

Vida práctica!!

Bos días familia!! Hoxe gustaríanos propoñer outra actividade relacionada cos bos hábitos dentro da casa. Todos sabemos que é moi importante que colaboren e facelos participes das actividades da vida diaria. Así que propoñemos que os nenos participen na colocación da mesa para a hora das comidas.


1.       Presentámoslle as culleres, garfos, coitelos, etc, todos xuntos e mesturados e despois eles iranos separando por iguais.

2.       Agora preguntamos que máis necesitamos para pora mesa. (Vaso, prato, pano de mesa).

3.       Unha vez teñamos todos os elementos ímoslle axudando a colocar cada elemento no seu lugar. Podemos ir guiando o neno ou nena para que o poñan a mesa ou podemos debuxar na mesa a silueta do elemento con un rotulador permanente para que logo permanente (que logo podemos borrar con algodón e alcohol) para que eles coloquen enriba o elemento.

4.       Por último podemos preguntar que comemos con cada utensilio.

Con esta proposta podemos explicarlle aos nenos e nenas o importante e divertido que é colaborar nas tarefas do fogar. Un biquiño e unha aperta para todos!!


martes, 19 de mayo de 2020

A búsqueda do pitiño!

Bos días pitiños e pitiñas! Hoxe temos conto!! 


Rosalía perdeu os seu pitiño e nós temos que axudarlle a atopalo, pero para iso tedes que estar moi atentos e atentas ao conto. Alá imos!!


                A actividade que vos propoñemos para hoxe é unha búsquea do tesouro. Despois de escoitar o conto o adulto pode esconder o pitiño que fixemos o venres ou un peluche de pitiño ou outro animal que teña o neno ou nena na casa, e este ten que atopalo. O neno ou nena terá que buscalo, podemos proporlle os sitios que se mencionan no conto, pero nós adaptarémonos aos sitios que teñamos na nosa vivenda. Que o busquen debaixo de, detrás de, dentro de, entre, lonxe, preto, podedes, ir cambiándollo de lugar ata que o atope.

Agardamos que desfrutedes moito da búsqueda! Unha aperta!!


lunes, 18 de mayo de 2020

Plastilina caseira!!

Bos días familia, esta semana comezamos con unha proposta que nos enviaron Uxio e a súa irmá Iria: “ Plastilina Caseira”.

Marta a mamá coméntanos que a lles gustou moito, que é blandiña, boa de estirar e non hai problema se o pequeno ou pequena a come.

A receita sería esta:

-          1 cunca e media de fariña

-          1 cunca e media de sal

-          1 cunca de auga

-          Un par de culleradas de aceite

-          Colorantes alimentarios

Aquí vos deixamos unha foto de Uxio e e Iria xogando coa súa plastilina caseira:


Unha vez lista, a xogar!! Xa podemos facer bolas, churros, estirala, beliscar,  facer formas con moldes ou sen eles, cortala... Unha actividade lúdica que traballa a coordinación ollo – man, a forza, a pinza, a creatividade...

 

Agardamos ver as vosas creacións! Unha aperta moi grande!!


domingo, 17 de mayo de 2020

Queremos Galego!!

    Feliz domingo e feliz día da nosa lingua familias!! Hoxe tan só nos queremos pasar por aquí para desexarvos un bo día das nosas letras e tamén para deixarvos unha canción que nos enviou Marta a mamá de Uxio. A eles gustalles moito, e que mellor día para decir: Queremos Galego!!
    

     Unha aperta moi grande para todos e todas!! Feliz día das letras galegas!!

sábado, 16 de mayo de 2020

Coas mans na masa semana do 11 ao 16 de Maio!!

Feliz sábado familias!! Unha fin de semana máis aquí estamos para colgar os traballos tan fermosos que fixeron as nosas nenas e nenos.

Imos axudar aos peixiños!!

Uxio alimentou aos seus peixiños pero tiña que escapar coa súa bolsa, porque lle gustou moito a él pero tamén a súa irmán Iria e pelexaban por ela.

Alejandro doulle de comer a catro peixiños.


Iris fixo o traballo completo, debuxounos, encheu a bolsa e despois deulles de comer.


A Breixo tamén lle encantou manipular a bolsa e que os peixiños non pasasen fame.

Un becho estraño!!

Iris déixanos este vídeo co seu debuxo incrible sobre o seu becho estraño.


Uxio tamén nos manda un vídeo el tamén recoñece as partes do corpo, pero faino mellor na cara da súa irmán.


Alejandro pegou as partes do corpo no seu becho estraño!!


Pequenas e pequenos artistas!!

Uxio mandanos esta foto da súa versión do cadro de Kandisnky.


Alejandro tamén experimentou con distintas formas de pintura e fixo a súa propia versión do cadro “El sonido interior abstracto”


Iris tamén nos manda un collage cos distintos pasos que foi facendo para a súa versión do cadro.


A que ule??

Como esta semana choveu Alejandro non saíu fora para facer a actividade de a que ule? Pero fixoa con cousa que tiña pola casa, empregaron, café, colonia, ourego, e especias para callos. Cóntannos que o algodón da colonia lle gustaba moito pero o das especias non lle gustaba nada de nada. Aquí temos unhas fotos.


Iris fixo un xogo moi divertido coa súa nai e mandáronnos un vídeo.


As pitas baixo a choiva! Vivan as letras galegas!

Uxio xunto coa súa irmán fixeron os seus pitiños para render homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Aquí temos este pequeno collage do seu traballo.


Iris traballou moitísimo quixo facer ela todo e como non collían as fotos nun collage, a súa mamá mandounos dous, e nós encantadas.


Unha semana máis estamos moi agradecidas de que nos mandedes cousas e de ver os vosos traballos. Se nos mandastes algunha foto dalgún traballo e non a vedes aquí, mirade na semana na que se publicou ese traballo. Se queredes mandarnos fotos das vosas obras, non o dubidedes, estaremos encantadísimas de velas e compartilas neste blog!! Inda que non sexades usuarios do PAI, podedes facelo!! Envía as fotos á pai@concellodetouro.gal. Unha aperta moi moi grande!!

  

viernes, 15 de mayo de 2020

As pitas baixo a choiva! Vivan as letras galegas!

Feliz Venres familias! Como todas as semanas hoxe é o último día de proposta de actividade. Dentro de dous días estaríamos celebrando o día das nosas letras, este ano aprazouse para o día 31 de Outubro, pero nós queríamos facer unha pequena mención a Ricardo Carvalho Calero o autor ao cal este ano se homenaxea neste día tan sinalado.
Na súa obra destaca un conto titulado o “As pitas baixo a choiva"


 Unha pequena biografía súa na que Ricardo conta que un día de choiva cando era pequeno veu pola súa fiestra como as pitas se estaban mollando e decidiu que quería gardalas, para iso chamou a toda a súa familia, e remataron todos mollados, as pitas, a súa familia e máis el. 
Agora que xa sabemos algo máis gustaríanos que fixésedes os vosos propios pitiños. O materiais necesarios serán:
-          Tubos de papel hixiénico.
-          Pintura de tempera ou dedos de cor amarela ou outras, ou auga e colorante alimenticio.
-          Rotuladores ou pinturas.
-          Folio.
-          Pegamento.
Descrición da actividade: A nena ou neno coloreará o tubo ou tubos de cartón de cor amarelo ou cores das que desexe os seus poliños. Logo nun folio o adulto debuxará as ás  para que o neno ou nena as colore e logo pegarémolas no tubo. Tamén no folio debuxaremos o pico que pintará con unha pintura de cor laranxa ou doutra cor e as patas. O adulto realizará no tubo o resto de detalles como ollos, etc. Deixamos algunha foto de exemplo!
 

    Tamén vos deixámos un enlace de acceso ao conto e tamén á distintas canción que poden ambientar a vosa actividade, só tedes que clicar no título do conto seguinte: "As pitas baixo a chuvia" .
Agora esperamos ver as vosas fotos e que xoguedes moito coa granxa que fixéstedes a semana pasada! Unha aperta moi grande!

jueves, 14 de mayo de 2020

A que ule?

Bos días? Como estades? Saístes a pasear moito estes días? Pois na proposta de hoxe queremos que o fagades. Queremos que saiades de paseo e que collades moitas plantas aromáticas  (perexil, fiuncho, tomillo, romero, loureiro, ourego, lavanda, etc.) as que vós atopedes que den olor. Collerémolas, levarémolas para a casa e aí comezará a nosa segunda parte da actividade.


Materiais para a segunda parte da actividade:

-          Botes con tampa.

-          Sacacorchos para facerlle buratos a tampa.

-          Plantas aromáticas.

Descrición da actividade: Colocaremos todas as nosas plantiñas encima dunha mesa, os nenos e nenas irán ulindo as diferentes plantas,  tocándoas, frotándoas nas mans e ulindo as mans para ver o cheiro que nos queda nelas,  e meténdoas en botes as que sexan iguais. Logo o adulto, poderá facer uns buracos na tampa do bote e o neno ou nena poderá seguir ulindo a planta a través da tampa.

No caso de non poder saír da casa, poderemos realizar a actividade con outros materiais que tamén desprenden moito olor como: café, canela, colonia, vinagre, cacao, alcohol, etc. Neste caso o que faremos a persoa que dirixe a actividade é impregnar o material nun algodón e que os nenos podan ulir o algodón. Logo que os nenos e nenas metan os algodóns nos botes. E tamén poderán ulilos se facemos uns buratos na tampa.

Materiais necesarios:

-          Botes  con tampa.

-          Sacacorchos para facerlle buratos a tampa.

-          Materiais aromáticos.

Traballaremos con esta actividade a discriminación de olores e clasificación por iguais. Agardamos que teñades ben afinado ese olfato! Papás e mamás mandádenos vídeos ou fotos da cara que poñen os vosos nenos e nenas! Unha aperta!