lunes, 6 de julio de 2020

O polo Pepe!!

Bos días e feliz semana familias!! Esta semana vai a ir de pitiños, que vos parece? Para comezar vamos a escoitar o conto do “Polo Pepe” que tanto vos gustaba.


                Agora que xa escoitamos o conto imos facervos distintas propostas:

1º Darémoslle aos nenos un barreño ou un bol grande con pan raiado e distintos utensilios (tenedores, coador, cuncas, culleres...) para que manipulen, traballen os conceptos moito-pouco, cheo-baleiro...

2º Darémoslle unha folla na que aparecerán debuxados varios pitiños e o adulto terá que por diante deles un pegote de pegamento para que os nenos ou nenas collan pan raiado e lles dean de comer pan raiado os pitiños.  

3º No recipiente no que estaban experimentando co pan raiado engadirémoslle auga. Os nenos seguirán experimentando pero nesta ocasión terá unha textura diferente. Farán unha masa coa que poderán facer boliñas, churros... Nesta ocasión traballaremos a motricidade fina.


                Agardamos que vos guste moito a experimentación e que nos mandedes fotiños do que fixestes!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario