lunes, 20 de julio de 2020

Bzzzzzzzzz!!

Bos días e feliz semana familias! Comezamos unha nova semana propoñéndovos unha actividade relacionada coas abellas e co mel. Para introducir a actividade escoitade esta canción, que é un xogo de corro, ao cal podedes xogar vós na casa, canta a profe Emma e é interpretada polo noso compañeiro Breixo a súa irmá Clara e o seu amiguiño Ivan.

                A idea principal é facer unha composición que podemos pegar nunha parede e que consta de un panal, flores e unha abella. 


Os materiais que precisamos son:

-          Rolos de papel hixiénico.

-          Folios.

-          Pinturas.

-          Papeis de cores.

-          Tesoiras.

-          Pegamento.

-          Fío.

-          Limpapipas ou bastoncillos das orellas

                Para o panal cortaremos o rolo de papel hixiénico en círculos e darémosllo ao neno ou nena para que o pinte de cor amarelo.

                Para a abella precisamos un rolo de papel hixiénico que tamén pintarán de amarelo, logo papá ou mamá debuxarán dúas liñas negras, tamén se pode por cinta illante negra. Os ollos podedes debuxalos con rotulados ou poñerlle ollos móbiles, para as antenas podemos empregar limpa pipas, bastoncillos para as orellas ou calquer outro elemento ríxido. Para as ás debuxaremos a forma nunha folla e que a pinten, o mesmo para o aguillón debuxámoslle a forma e que o pinten de negro. Logo pegaremos todas as partes.

                As flores debuxarémosllas nunha folla e os nenos e nenas con papeis de cores farán boliñas que iremos pegando sobre os pétalos.

                Con esta composición traballaremos formas (o círculo), cores, concepto arriba – abaixo, a motricidade fina ao facer as boliñas...

                Por último podedes contarlle aos nenos e nenas que son as abellas as que fabrican o mel e animalos a que o proben.

                   Seguro que a vosa composición queda máis fermosa. Agardamos que nos mandedes unha foto!

               


No hay comentarios:

Publicar un comentario