viernes, 10 de julio de 2020

Os pitiños pola liña!!

                Bos días!! Hoxe imos a realizar unha actividade de psicomotricidade que é unha proposta para os nosos nenos e nenas que nos mandou o técnico deportivo do concello. Para non deixar a un lado a temática dos poliños podemos facer a actividade imitando ser un deles.


                Para a realización da actividade só precisaremos cinta illante ou xices de cores para marcar unha liña recta no chan co longo que nos queiramos. Logo podemos realizar os seguintes pasos:

1. Avanzar en cuclillas pola  liña.

2. Sentarse enriba da liña e avanzar sentados por encima da mesma.

3. Avanzar por enriba da liña con saltiños a pes xuntos.

4. Avanzar con saltos en zig-zag a un lado e a outro da liña.

5. Avanzar rodando por enriba da liña ( facer a croqueta).

6. Avanzar a pata coxa pola liña.

7. Avanzar cas pernas abertas 1 por cada lado da liña.

                Agardamos que se divirtan moito realizando a actividade e que nos mandedes mostras dilo. Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario