Bos días familias!!
Hoxe imos a realizar unha actividade de música e movemento coa que
traballaremos un par de termos en inglés.
Poñeremos
música e dirémoslle que ten que bailar, cando a paremos eles tamén teñen que
parar. Nós farémolo con eles para que collan o ritmo antes. Unha vez que estén
habituados a dinámica introduciremos os termos en inglés dance=bailar
(pronunciase dans) e stop=parar.
Con esta
actividade traballaremos os ritmos, utilizarán o movemento como medio de
expresión e descubrirán novo vocabulario en inglés. Agardamos que lles guste
moito e que nos mandedes a mostra de como bailan!! Unha aperta moi grande!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario