miércoles, 15 de julio de 2020

A Caracola Manola!!

Bos días familias!! Hoxe a profe Emma tráenos unha canción moi divertida sobre o fondo do mar, a canción da Caracola Manola. Aquí vola deixamos!


                Agora que xa escoitastes a canción propoñémosvos que fagades un acuario para a vosa casa cos personaxes da canción. 


Para isto precisaremos:

-          Unha caixa de zapatos.

-          Pinturas.

-          Papeis de cores.

-          Tesoira.

-          Fíos.

-          Tapóns de botellas.

-          Debuxos, dos personaxes ( podedes descargalos pinchando en “fondo do mar”).

                Poremos a caixa de zapatos de pé, recortaremos un cadrado para que sexa a pantaia do acuario. Na parte de arriba faremos tres cortes paralelos a abertura frontal. Logo faremos o fondo podemos debuxalo e que os nenos e nenas o coloreen. Tamén podemos empregar papeis de cores para facer as algas e incluso pegar area no fondo. Logo os nenos pintarán os personaxes colgarémolos dun fío e sacaremos o fío pola aberturas da parte de arriba. Pegaremos o estremo do fío nun tapón e así os nenos e nenas poderán mover os animaliños polo acuario. Tamén se pode pintar a parte exterior da caixa. Deixamos imaxes de exemplo:


                Agardamos que vos quede un acuario moi chulo!! Mandádenos fotiños! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario