sábado, 4 de julio de 2020

Coas mans na masa, semana do 29 de Xuño ao 3 de Xullo!!

Boas noites familias! Deixámosvos as fotos das actividades que fixeron esta semana os nosos pequenos e pequenas.

A pescar!!

Alejandro pescou moito e como non lle chegaba pescar coa culler meteuse dentro do barreño!!

Iris tamén pescou, e fixo con distintos utensilios!!

Uxio tamén se divertiu moito pescando os tapóns!!


What color is it?

Que cadros máis bonitos fixeron nos seus cristais Iris e Alejandro. Iris móstranos no vídeo que ben sabe as cores en inglés!!

Dance & Stop

Iris tamén xa se aprendeu perfectamente os termos Dance e stop e a súa boneca tamén.

Alejandro divertiuse moito bailando co seu irmán Manuel, leva un pouco peor o de parar.

Uxio tamén bailou un montón e xa coñece moi ben a palabra stop para deixarde bailar!!

Somos vento!!

Os muiños de vento de Iris e Alejandro quedaron moi moi chhulos, mirade!! Iris estivo moi ben acompañada pola súa amiga Xiana, tamén nos manda un vídeo para que vexamos como o faixirar soprando!!


Moitas grazas unha semana máis por acompañarnos!! Unha aperta moi grande!! E recordade os que nos queirades mandas fotiños, nunca é tarde!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario