jueves, 30 de abril de 2020

Móvete !!

         Ola familias! Que vos parece se hoxe facemos un pouquiño de exercicio? Imos a propoñervos un circuíto de psicomotricidade. A dificultade deste poderémola ir adaptando a capacidade do neno ou nena, xa sexa sacando ou engadindo elementos. A nosa proposta é a seguinte:

         Materiais necesarios:

  •  Botellas de auga ou cartóns de leite.
  • Calcetíns.
  • Coxíns.
  • Rolos de papel hixiénico.
  • Tres cadeiras.
         Descrición:

         Realizaremos un circuíto no que o neno ou nena terá que saltar de uns coxíns a outros, logo fará zigzag entre as botellas de auga ou cartóns de leite. Cos rolos de papel hixiénico, construiremos un pequeno muro que terá que saltar. A continuación terá que pasar reptando por debaixo das tres cadeiras e por último faremos con calcetíns unha liña pola que terán que ir camiñando. Logo darán a volta ata o principio seguindo o mesmo percorrido. Poderán repetir o circuíto o número de veces que consideredes. Primeiro o adulto realizará a actividade co neno para ensinarlle como se fai. Con isto queremos afianzar movementos como o salto, conseguir maior seguridade no control corporal...

          Para rematar faremos dúas actividades máis, unha moi importante, que é recoller, comezaremos polo final do percorrido, e deixaremos para o último os coxíns, onde nos sentaremos para a última actividade.

“Masaxe relaxante”

         Materiais necesarios:
  • Unha tea pequena, lazo, plumas ou calquera material suave que teñades.

         Descrición da actividade:

          Co neno colocado nos coxíns ou no nosos regazo boca arriba, realizarémoslle unha masaxe relaxante deslizando o material que elixísemos dende a cabeza ata os pés suavemente e regresando. Unha vez rematemos pola parte de adiante podemos facer o mesmo pola parte traseira tantas veces como o neno ou nena queira. Podemos acompañar estes movementos con unha música de fondo baixiña.

          Un día máis se queredes mandarnos algunha imaxe ou vídeo da vosa actividade estaremos encantadas! Unha aperta moi grande!


miércoles, 29 de abril de 2020

Facemos cousas sós!



Os hábitos de autonomía persoal son moi importantes nesta etapa, pero non debemos esquecer que cada neno  e nena ten unha evolución madurativa diferente.
Propoñémosvos xogos que favorecen que os nenos e nenas colaboren na súa hixiene diaria. Podemos utilizar os seus bonecos e bonecas ou a eles mesmos diante dun espello. Que recoñezan e sinalen, por exemplo, as diferentes partes da cara como ollos, orellas, boca  e tamén do corpo, mans, pés,…
A continuación podémoslle propoñer ao neno ou nena que lle lave, seque ou limpe unha parte determinada do corpo que nós lle indicamos. Aos máis pequenos podemos axudarlle  a localizala:
-      Lávalle as mans!
-      Sécalle  os pés!
-      Límpalle a boca!
Tamén podemos facer a actividade co seu propio corpo.
-          Lava a cara!
-          Seca os pés!
-          Limpa a boca!

            Un paso máis de cara a conseguir esta autonomía é a retirada do cueiro. Papás, mamás. Sabemos que moitos de vós estades aproveitando o confinamento para retirarlle o cueiro aos vosos nenos, xa que despois do verán comezan unha nova etapa. Debedes de ter en conta que para eles a retirada do cueiro implica deixar atrás outras cuestión significativas: o apego a un obxecto que leva en contacto co seu corpo anos, o cambio na relación co adulto de referencia, etc. É un reto que os fai maiores e máis independentes e iso require de sentirse “capaz”, de “ser quen”, de ir conquistando novos terreos. Toda unha vitoria para eles!


Por iso non hai presa, todos chegarán á meta, o importante é que sexa o seu logro, que eles noten que o conseguiron eles mesmos. E para que lle axudedes un pouco deixámosvos un pequeno conto que a profe Iria nos gravou.









martes, 28 de abril de 2020

Xa podemos saír!


Aproveitando que xa podemos saír un pouco das nosas casas. Podedes dar un paseo e recoller flores polo camiño. A actividade proposta para hoxe ten dúas partes:
A primeira parte sería: saír a dar un paseo e coller flores, grandes, pequenas de distintos cores, con distintos talos... Unha vez recollidas, iremos as nosas casas, e alí experimentaremos sobre as flores que recollemos.
Que cor teñen? Podemos preguntar polas cores, agrupalos por cores... Como son os seus pétalos?, Como olen?, Son suaves? Poderemos arrancar os pétalos, para ver como é por dentro a flor, etc.
                Despois da fase de experimentación poderemos facer unha segunda actividade: Propoñémosvos dúas opcións en función dos materiais dos que dispoñades. Pero se vós tendes outras ideas fenomenal!
“Mantel individual de flores”


                Materiais:
-          Papel de forro autoadhesivo.
-          Flores.
Elaboración:
                Cortaremos un anaco de papel de forro autoadhesivo, nunha das metades os nenos e nenas pegaran as flores e os pétalos co deseño que eles queiran. Despois o adulto cerrará o forro sobre si mesmo. Quedando un mantel individual de flores para cada un.

“Cadro de flores”


                Materiais:
-          Cartón.
-          Pegamento.
-          Anaco de lá.
-          Tesoiras.

Elaboración:
                Faremos un cadrado de cartón, porémoslle pegamento, e darémosllo aos nenos e nenas para que poñan nel os pétalos e as flores. Logo farémoslle un buraco e pasaremos a lá para poder colgar o cadro.

Esperamos ver as vosas elaboracións! Unha aperta moi grande!

lunes, 27 de abril de 2020

Voa bolboreta voa!


Feliz semana familias! Seguimos dándolle cor as nosas casas. Facemos unhas bolboretas? Esta é a nosa proposta. Pero se vós tendes ideas mellores podedes facérnolas chegar.



Materiais necesarios:
-          Papel de forno ou un folio.
-          Palliñas de cores.
-          Tesoiras.
-          Pegamento.
-          Pintura.

Descrición da actividade: a persoa que dirixa a actividade debuxará no papel de forno a silueta dunha bolboreta, daralla ao neno ou nena para colorear. A continuación, os máis maiores poden recortar anacos das palliñas de cores, aos máis pequenos será o adulto quen llas corte. Unha vez teñamos os anacos recortados poden xogar con eles e manipulalos. Podemos xogar con eles e a agrupalos por cores, para traballar a discriminación. Unha vez que xa manipulasen e asimilasen as cores, poremos pegamento nas ás da bolboreta e os nenos e nenas pegarán as palliñas. Pegaremos a bolboreta nunha ventá e poderemos ver como entran os raios de luz a través das palliñas de cores.
Non vos esquezádades, compartide os vosas obras con nós! Unha aperta!


sábado, 25 de abril de 2020

Coas mans na masa semana do 20 ao 24 de Abril!!


Boas tardes familia! Xa sabemos que é sábado pero parécenos un día moi bonito para que xunto con toda a familia, xa que algúns papás e mamás pola semana traballan, poidamos ver os traballos que se fixeron durante a semana. 
Ao final de cada semana tentaremos facer un post onde colgaremos os traballos desa, para poder compartilos con toda a comunidade. Nunca é tarde para que nos enviedes os voso traballos, xa que o post é actualizable.

Mural da Primavera!

Hugo García facíanos chegar estas fotos do mural tan fermoso que facía na súa casa, con un sol que non para de brillar coma o seu sorriso!


















           Nuno do grupo dos máis pequenos tamén nos enviou unha foto do seu mural, quedoulle precioso!


           Breixo tamén nos mandou unha foto do seu, que fixo con materiais reciclados, e este é o resultado.

            Uxio e a súa irmá Iria tamén usaron un montón de materiais para facer o seu mural, quedoulles moi bonito, que alegría poder velo!


           Iris fixo un montón de manualidades e murais da primavera para decorar na súa casa. Como ese sol tan bonito que nos amosa na foto; tamén nos ensina flores estampadas con un garfo que quedan moi fermosas.






















                Brais Otero tamén nos enviou a foto do seu mural, está cheo de animaliños!!

            Marcos tamén nos mandou o seu mural, como vedes, para realizar un bonito mural non é preciso ter unha cartolina nin moito material. Quedouche xenial Marquitos!!

         E se plantamos algo?
            
             Chegou o día da Terra e moitos dos nosos nenos e nenas dispuxéronse a plantar todo tipo de plantas e experimentar coa terra. Breixo mandounos estas fotos todo concentrado no seu proceso de experimentación. Que sairá de aí?























            Iris é toda unha esperta, fixo un montón de experimentos e plantou un montón de sementes. Plantou fresas, coa planta, herba dende a semente e xerminou lentellas e fabas en algodón, coa axuda da súa familia! Aquí está a mostra:


           

             Hugo García tamén aproveitou os días de sol para xogar coa terra, manchar as mans, e despois plantar na horta da súa casa xunto coa súa irmán Aroa. Que será o que plantaron?




           
              Festexamos o día do libro!

               Para festexar o día do libro  Iris enviounos o seu fermoso debuxo e un vídeo de cal é o seu conto favorito que vos deixamos para que o resto poidades ver!!




         
            Sofía González leu un conto moi especial sobre Lulú e tamén nos mandou unha pequena mostra que nos encanta ver.
            Alejandro tamén leu un conto e logo pintou o seu debuxo do pato Lucas. Mandounos unha foto taballando.
            Hugo Lamas no día do conto Gustoulle moito ver a Eva contralles un conto que lles encantaba que lles contasen no centro. Os seus pais mandaronnos este vídeo.

        Xogamos cas cores!!
           O longo da semana fóronnos chegando mostras dos xoguetes que fixestes coas vosas familias, Breixo estaba moi concentrado e pasouno pipa!!

            Iris fixo dúas variantes do xogo das cores, que mostran no blog da escola infantil na casa da galiña azul. E coa axuda da súa mamá Vanesa que é profe está aprendendo un montón de cousas. Deixámosvos os vídeos e as fotos que nos mandaron dos seus xogos para que os poidades facer.



           



             Enacántanos ver todo o que facedes!! Seguide así!! Para a semana máis e mellor!! Os que inda non se decidiran a mandarnos as súas fotos, recordade que podedes facelo, subirémolas neste mesmo post!!

           Lembrade que este blog esta a disposición de todos, calquera pode mandarnos as súas fotos.  Non tes porque ser usuario do PAI. Poderedes facérnolas chegar a calquera dos números de teléfono do persoal do PAI ( Eva, Emma, Iria) vía WhatsApp. No caso de non ser usuario e non dispoñer dos teléfonos, ponte en contacto con nós a través deste mail pai@concellodetouro.gal onde se che facilitarán tanto os teléfonos como as autorizacións que debes de firmar para que poidamos publicar as fotos.


         
             Unha aperta moi moi grande!!!















viernes, 24 de abril de 2020

Xogamos cas cores!!


Boas a todos e todas! Hoxe imos a facer un xogo para que poidades entretervos en familia na fin de semana.
Os materiais empregados son:
-          Oveira
-          Pintura (ceras, rotuladores, temperas...)
-          Folios, papeis de periódico ou papeis para reciclar.
-          Plastilina.
Descrición da actividade: Pintaremos o fondo dos ocos da oveira con calquera tipo de pintura (a que teñades a vosa disposición). A continuación pintaremos papeis, polas dúas caras, cas mesmas cores que empregamos para pintar a oveira. Se pintamos con tempera, deixaremos secar.
Cando xa estén os materiais secos, colleremos os papeis e faremos unhas pelotas. Para facer as pelotas tamén podemos empregar plastilina, pero que sexa das mesmas cores que o fondo da oveira. Meteremos as pelotas nunha bolsa, irémolas sacando e teremos que meter cada unha na oveira pero na súa cor correspondente.
Traballaremos con isto a discriminación das cores, emparellamento, coordinación ollo - man, as formas, etc.



Compartide os vosos deseños con nós! Unha aperta!

jueves, 23 de abril de 2020

Festexamos o día do libro!

                Hoxe día 23 de Abril é o día do libro. Sabemos que vós desfrutades moito dos contos.





                Por iso a actividade que propoñemos hoxe é que elixades un conto coas vosas familias, lédeo, e que a continuación fagades a seguinte actividade:
Para os máis pequenos: as familias podedes facer un debuxo sinxelo que eles comprendan relacionado co conto, explicarlle o que é, e que ó coloreen.
Para os maiores: as familias preguntaranlle que foi o que máis lle gustou do conto, despois serán eles e elas os que realizarán un pequeno debuxo sobre este.
                Para animarvos a profe Eva vaivos contar un conto:


 

                  Lembrádevos, compartide os vosos traballos con nós! Unha aperta moi forte!

miércoles, 22 de abril de 2020

E se plantamos algo?


Hoxe 22 de Abril é o día da Terra e por iso vos traemos un espazo de ciencia, no que traballaremos a manipulación e a experimentación pero tamén a observación ao longo dos días, de como nace unha planta.

Os materiais que precisamos son:
-          Unha bolsa de conxelados.
-          Cinta adhesiva.
-          Culleres de distintos tamaños.
-          Sementes ou legumes.
-          Terra e un recipiente (un bol, unha botella cortada pola metade, unha maceta...).
-          Auga.
-      Un palillo ou agulla.

Descrición da actividade: As familias tedes que preparar un recipiente con terra, os nenos poderán experimentar e xogar con ela, descubrir diferentes calidades da terra ( a súa textura, se ten pedras, a súa temperatura...). Despois darédeslle aos nenos e nenas culleres de distintos tamaños para que traspasen a terra á bolsa, con isto traballamos cheo, baleiro, moito e pouco. Mostrámoslle as sementes e explicámoslle que ao meter a semente na terra irase alimentando e coa axuda da luz do sol medrará. O neno ou nena meterá a semente na terra  e coa culler botaralle unha pouca auga. Logo cerrarémola pola parte superior con cinta adhesiva e pegarémola nunha ventá, pero faremoslle uns pequenos buracos na bolsa con un palillo ou agulla para que a planta respire.
                Dentro da bolsa producirase un microclima, isto axudará a que xerminen e broten as primeiras plantas. Ao estar nunha bolsa transparente poderedes ensinarlle aos nenos todo o proceso de crecemento da planta. Cando a planta medre e xa non caiba na bolsa cambiarémola a un testo ou á horta.
                Como sempre se queredes compartídeo con nós! Unha aperta!

martes, 21 de abril de 2020

Mural da Primavera



Hoxe imos darlle cor as nosas casas. Como non podemos facer un mural conxunto da estación da primavera, estaría moi ben que cada un de vós fixésedes un e logo nolo ensinásedes a todos. As profes tamén fixemos un pero o voso seguro que é mais fermoso.
Os materias que empregamos nós foron:
-          Unha cartolina, ou folio.
-          Palillos ou paos de brocheta.
-          Pegamento e tesoiras.
-          Papel de revistas con fondos verdes (para a herba) pero podedes empregar restos de teas vellas...
-          Pintura de dedos, e para quen non teña tamén damos a opción de diluír en unha pouca auga colorante alimenticio, ColaCao, ou “pementón doce” que tamén tinguen.
-          Un rotulador ou pintura (para facer algún detalle).
-          Algodón.
Descrición da actividade: Creamos un mural con flores. Pegamos os talos das flores, que serán palillos ou paos de brocheta, sobre a cartolina ou folio. Logo os nenos poden rachar ou recortar das revistas co fondo verde os anacos, que se pegarán con forma de “collage” para facer a herba e as follas. Os pétalos da flor pódense estampar cos dedos, con periódico, con un pano de papel enrolado, con un anaco de tea... Podemos engadir detalles como as nubes e que os nenos peguen algodón, ou outros que poidan pintar.

Este que vos ensinamos foi o noso resultado pero estamos seguras de que os vosos van quedar moito máis bonitos. Facédenos chegar os vosos traballos, encantaríanos compartilos xunto co noso neste blog. Unha aperta!

lunes, 20 de abril de 2020

Benvida Primavera!

Bos días familias!
Xa que non puidemos darlle a benvida en persoa a primavera no centro, imos estrear este novo método de comunicación e interación, un blog, con unha canción que nos manda a profe Emma sobre a estación que estamos a pasar. Unha aperta!