miércoles, 8 de julio de 2020

Pio pio pio!!

Bos días!! Seguimos con unha semana de pitiños!! Hoxe imos diferenciar entre grande e pequeno, pero ímolo facer coa galiña e os pitiños.

                A proposta é que lle debuxemos nunha folla unha galiña grande e separados uns pitiños pequenos. Preguntarémoslle se saben cal é o pequeno e deben de colorealo co tipo de pintura que desexen (témperas, lapis de cores, manley, pinturas...) Logo repetiremos a pregunta pero se saben cales é grande. Neste caso recortarán papeis e pegaranllos polo corpo.

                A segunda proposta é que no caso de ter unha espiga de millo, tenten debullar os grans para exercitar a motricidade de mans. Unha vez teñan os grans de millo nós trazaremos unha liña entre os pitiños e a galiña e eles deben de ir pegando os grans de millo por encima, explicarémoslle que o facemos para que os pitiños saiban o camiño que deben de seguir para chegar a súa nai.

                Deixamos unha imaxe para que vexades e que tamén podedes descargar pinchando en “pitiños”.

                Agardamos ver os resultados!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario