miércoles, 1 de julio de 2020

Coas nosas mans!!

                Bos días a todas e todos!! A proposta de hoxe traballa distintos aspectos, por un lado a autonomía persoal, e por outro a motricidade. Imos a facer a nosa merenda!!

                Os materiais que precisamos son:

-          Pan bimbo.

-          Paté, queixo de untar, fiambre, atún... (os ingredientes para o recheo podemos escollelos segundo os gustos dos nenos e nenas, nos recomendamos estes porque nos dan moito xogo a hora de traballar a motricidade fina).

-          Un coitelo que non corte pero que nos permita untar.

                Desenvolvemento da actividade:

1º Esmagar tres rebandas de pan bimbo coa súa man, dando petos co puño ou coa palma.

2º Agora untaremos, queixo ou paté.

3º Esmigallamos atún e engadirémolo no noso sandwich.

4º Tamén podemos cortar anacos de xamón york, pavo ou outro fiambre e engadilo.

5º Montaran o sandwich unha capa enriba de outra e taparán.

6º A comeeeer!!

 

                As mesturas poden facer eles as que queiran, pero aconsellámosvos que os animedes a probar alimentos novos no caso de que non o fixeran. Traballaremos con isto a autonomía persoal, facendo a súa propia merenda, tamén a motricidade ( esmagando, untando, esmigallando, masticando...). Agardamos a proba virtual!! Unha aperta!!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario