jueves, 23 de julio de 2020

De cor en cor!!

Bos días familias!! Hoxe é un bo día para movernos!! Imos a realizar unha actividade de psicomotricidade coa que tamén traballaremos as cores.

                O que precisaremos para poder realizar a actividade é un dado ao que lle pegaremos cores polos lados, podemos empregar as cores que máis vimos (azul, amarelo, verde e vermello), inda que para os máis maiores podemos incluír outras cores que xa coñecen (laranxa, rosa...), tamén temos que facer círculos das mesmas cores que empregastes para o dado, tres ou catro de cada cor. Podedes descargar a suliueta do dado para poder facelo pinchando en "dado". Este é o dado que fixemos nós:

                Agora podemos facer distintos xogos:

-          Podemos facer un círculo grande cos círculos de cores, que os nenos e nenas tiren o dado e se dirixan correndo a cor que lles saíu. Podemos ir sacando os círculos sobre os que se posicione, para que non se dirixan sempre ó mesmo. Deixamos unha foto de como quedou o noso.

-          A seguinte proposta sería colocar como vos imos ensinar na imaxe as cores todas alternas, imos tirando o dado e os nenos deben de ir poñendo primeiro un pé logo o outro, logo unha man e logo a outra, encima das cores que lle vaian saíndo.

                Deixamos unha canción para ambientar o xogo que é moi movida.

                Agardamos que os nenos se divirtan moito con este xogo e ao mesmo tempo se movan. Mandádenos a mostra!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario