lunes, 13 de julio de 2020

Imos de viaxe!!

Bos días familias!! Hoxe imos emprender unha viaxe xunto con uns pequenos ratos, estade atentos ao conto que da profe Eva a ver se sabedes a onde imos.

                Agora que xa vistes o conto sabedes a onde imos? Siiii á praia!! Hoxe a proposta que vos traemos tras escoitar o conto é unha ficha de discriminación. Darémoslle aos nenos e nenas unha ficha onde aparezan distintos obxectos, algúns que empregamos para ir a praia (gorra, cubo e pá, pelota...) e outros que non levaríamos (tele, sofá, bufanda...). Terán que rodear, marcar con unha pegada do dedo... aqueles obxectos que levarán a praia. Pinchando en “praia” podedes descargar un exemplo de ficha.

                Outra proposta é que fagan unha mochila para ir a praia. Que meterán?? Con isto fomentamos a súa autonomía.


                Agardamos que se divirtan e que nos mandedes os resultados! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario