martes, 14 de julio de 2020

As ondas do mar!!

Bos días!! Vós sabedes que é o que deixan as ondas unha vez baten na area? Escuma!! Hoxe o que faremos é experimentar con escuma. 


Papás, mamás debedes de realizar unha escuma caseira, para iso empregaremos:

-          1/3 de cunca de auga.

-          1/3 de cunca de xabón lava vaixelas.

-          1 culler de maicena ou fariña.

-          Colorante alimenticio.

-          Batedor.

                Unha vez teñamos os materiais baterémolos todos xuntos, tamén podedes facer unha mestura para os nenos e que eles o fagan con un batedor manual, moito ollo con que non o leven a boca. Logo cando teñamos a escuma feita, botarémola nun taper grande ou nunha bañeira. As actividades que vos propoñemos neste punto son:

-          A manipulación da escuma ( como é o seu tacto, a súa temperatura, podemos movela con facilidade?...)

-          Poden facer debuxos movendo a escuma.

-          Agocharemos distintos obxectos relacionados co verán e coa praia entre a escuma. Logo os nenos irán sacando e irémoslle preguntando que é, con isto tamén practicaremos a linguaxe oral.

-          Poden construír montañas altas coa escuma...

        Debedes de ter en conta que canta máis escuma fagades maior pode ser a experimentación.

                Agardamos que esta actividade lle resulte moi divertida e que nos mandedes a proba. Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario