sábado, 1 de agosto de 2020

Coas mans na masa semana do 27 ata o 31 de Xullo!!

Boas tardes familias! Último sábado de fotos da nosa rapazada polo momento!! Agardamos que vos gusten moito! Agradecervos unha vez máis a todos os que fixestedes deste blog algo tan bonito! Inda que na publicación de hoxe parezca que os vídeos non se ven, se pulsades neles vense perfectamente, é un erro da páxina.Alá imos!!
Xogamos os bolos??
Alejandro fixo os seus bolos pegandolle gomets para decoralos, mandounos unhas fotos e un vídeo!

Iris tamén o pasou pipa xogando aos bolos!!

Onde pinto??
Breixo mandounos un collage da súa actividade! Pintou sobre papel de alumnio, film transparente, papel de forno e goma-eva.
Iris debuxou como Breixo en tres texturs, tea, papel de forno, papel de aluminio, e papel de cociña, fixo uns debuxos chulísimos!!

Alejandro empregou tres texturas distintas para pintar, papel aluminio, film transparente e cartolina!
Pegadas...
Iris fixo a súa alfombra de pegadas empregando dúas cores, o vermello e o rosa, dixo que a pintura estaba quentiña, quentarialla a súa mamá??

Alejandro gustoulle moito esta actividade inda que seica esvaraba un pouco. Fixo a xúa alfombra de pegadas sobre papel continuo.
Piñata de auga!!
Estamos moi contentas de ver a Iris xogando cos globos e vendo que o pasa tan ben, é unha campiona, xa que venceu un pouquiño o seu medo a eles!!

Non é un adeus, é un ata pronto!!
Alejandro mandounos un collage e un vídeo da súa festa!

O dito, non é un adeus, é un ata pronto!! Unha aperta moi grande!!

viernes, 31 de julio de 2020

Non é un adeus é un ata pronto!!

                Bos días e feliz Venres nenas, nenos, mamás, papás e resto de familia!! Hoxe imos por un punto e a parte ao noso blog. Estamos moi agradecidas a todas e todos aqueles que colaborastes en facer este espazo que a nós nos gustou tanto, desfrutamos moito vendo como os nenos e nenas participaron nas actividades que lle propuxemos.

                Dende aquí queremos despedirnos, pero non é un adeus é un ata logo. Aos máis pequenos agardamos que este virus nos permita reencontrarnos de novo no PAI en setembro; aos maiores que marchades para o cole recordade que nós seguiremos aquí e que estaremos cos brazos abertos sempre e cando a situación o permita agardando a vosa visita. Desexamos que sexades moi felices na nova etapa que comezades. Deixamos a pequena orla de graduación que neste caso se tivo que facer dende a casa, sentimos que non esteades todos, nós fixemos todo o posible.

                

                Agora sí, aí vos vai a última proposta! Sempre que se acaba o cole, facemos unha festa, pois ben, esta vez teremos que facela nas nosas casas. Para ambientar a festa podemos facer tiras de bandeirolas e globos. Os materiais que precisamos:

-          Globos.

-          Papeis de cores.

-          Pinturas.

-          Unha botella de plástico.

-          Cordel.

                Para as bandeirolas, cortarémoslle cachos de papeis, cartóns, cartolinas en forma de triángulo. Os nenos e nenas pódenlle poñer pegadas, pegatinas, pintalas... para decoralas.

                Para os globos os nenos e nenas con papeis de cores farán pequenas boliñas de papel, estas meterémolas nunha botella de plástico que esté ben seca. Logo papá e mamá inflarán un globo e meteran a boca do globo na boca da botella, e botarán os papeliños dentro do globo, podedes seguir a imaxe. Os nenos e nenas poden por tamén pegatinas nos globos

                Unha vez feitas as bandeirolas e preparados os globos colgarémolas dun cordel para decorar. Mirade como quedaron as nosas na porta do PAI.

                Por rematar hoxe que é o último día imos facer unha experimentación mediante o gusto, intentamos facer experimentacións saudables, con froitas... pero hoxe imos decantarnos polo doce e ser máis lambóns. Podedes darlle a probar aos nenos e nenas chocolate e nata. O chocolate podedes darllo sólido, derretido, quente, frío... Logo introduciredes a nata, individualmente, e mesturándoa co chocolate. Tamén poden experimentar con el tocando, que textura ten cada cousa...

                Para rematar a festa poden con un palillo rebentar os globos e que salten os papeliños polos aires!!

                Esperamos que os nenos e nenas xunto coa familia desfrute moito da festa!! Xa que non podemos compartila presencialmente con vós agardamos que nos mandedes a mostra. Unha aperta e un bico moi moi grande para todos!! Sempre vos lembraremos!!

jueves, 30 de julio de 2020

Piñata de auga!

                Bos días familias! Hoxe volvemos a propoñervos unha actividade de auga, porque sabemos que vos gustan moito.


                A idea consiste en preparar unha piñata pero con globos de auga. Para realizar a actividade necesitamos:

-          Globos normais.

-          Auga.

-          Cordel.

-          Rolo de papel de cociña ou un tubo de cartón.

-          Cinta illante

                Papás, mamás tedes que encher os globos normais con auga, que leven a máxima posible. Colgarédelos dun cordel, nun espazo exterior e a unha altura que lle permita aos nenos golpealos. Logo o tubo de cartón podedes envolvelo con cinta illante para que sexa máis resistente.

                Agora que xa temos todo preparado, a idea é que os nenos golpeen os globos o máis forte que poidan ata que consigan rompelos. Recomendamos que os nenos estén sen roupa ou con unha que poidan mollar. Poderedes traballar nesta actividade as cores (cos globos) e tamén a  motricidade, xa que terán que moverse e golpear o máis forte posible.

                Agardamos que vos divirtades moito!! Queremos velo!! Unha aperta!!

miércoles, 29 de julio de 2020

Pegadas...

Bos días familias!! Estes días que o chan está quentiño, a todos nos gusta andar descalzos. Que tal se aproveitamos para facer unha actividade cos pes? Propoñémosvos facer unha alfombra de pegadas.

                O que precisaremos para esta actividade será: un anaco dunha saba, un cartón, cartolinas, pintura de dedos ou témpera e pratos de plásticos. A actividade consiste en que os nenos e nenas metan os pes nos pratos que anteriormente encheremos de pintura e camiñen pola superficie que elixades, que incluso pode ser o propio chan. Podedes ir cambiando as cores dos pratos para que as pegadas sexan de cores diferentes.


                Unha actividade moi sinxela pero que favorece a estimulación sensorial dos nenos e nenas. Con ela podemos traballar as cores, as temperaturas, etc. Agardamos que desfrutedes moito con ela e que nos mandedes unha imaxe ou vídeo da vosa alfombriña de pegadas!! Unha aperta!!

 


martes, 28 de julio de 2020

Onde pinto?

Bos días!! Hoxe toca arte, pero arte sobre distintas texturas. Para que os nenos poidan ver o efecto da pintura en cada unha delas. Os materiais que precisamos son:

-          Cartón.

-          Tesoiras.

-          Pinceis.

-          Pinturas.

-          Pegamento.

-          Un anaco de film transparente, papel de prata, tea, papel de periódico, papel de forno, poriespan, papel de cociña...

                Para comezar o adulto fará no cartón tantos ocos como materiais vaia utilizar. En cada oco pegará un anaco de cada material. A continuación os nenos e nenas pintarán con pincel sobre as distintas texturas. Os nenos e nenas poderán observar como nuns materiais a pintura se absorbe rapidamente, noutros tarda tempo en secar, noutros poden vela polo outro lado, etc. Este é o resultado do noso traballo.

                Agardamos ver como quedaron os vosos!! Unha apertiña!!


lunes, 27 de julio de 2020

Xogamos os bolos?

                Bos días familias!! Que tal se comezamos a semana facendo un xogo? Imos xogar os bolos!!


                Os materiais que ides precisar son:

-          6 ou máis vasos de iogur baleiros.

-          Pinturas de dedos, rotuladores...

-          Pegatinas, cachiños de papeis...

-          Papel de prata.

                O primeiro que faremos será quitarlle o papel de arredor aos vasos de iogur e os nenos e nenas poden decoralos como máis lle guste. Unha vez decorados podemos colocalos uns enriba de outros para facer unha pirámide. Como na seguinte foto.

                Agora faremos a bola para a que empregarán un anaco grande de papel de prata que irán apertando e coa nosa axuda lle irán dando forma redondeada. Cando esté lista podemos lanzar a bola e dar comezo ao xogo. Se hai máis de un neno ou nena poden xogar por quendas.

                Agardamos ver que tal o pasades!! Unha aperta moi grande!!


sábado, 25 de julio de 2020

Coas mans na masa semana do 20 ao 24 de Xullo

Boas noites familias!! Penúltima semana de fotiños e vídeos dos nosos peques!! Agardamos que vos gusten moito, tanto comoa nos.

Bzzzzzz!!!!
 Iris traballou un montonazo para deixar moi moi bonita a súa composición!!!


As plantas teñen moita sede!!
Alejandor uníu a súa maneira a regadeira coas plantas, e como non tiña unha regadeira para poder facelo na realidade fixo con unha botella furada. Encantoulle!!
Iris mandounos a foto de como fixo a ficha, cada regadeira uníuna dun xeito distinto! Tamén nos mandou un vídeo regando as súas plantiñas.

Aishhhh que viscoso!!!
Iris fixo todo o proceso da actividade e mandounos vídeos de mostra!! Primeiro fixo xelatina coa axuda da súa mamá Vanesa, logo probouna, e logo experimentou con ela tanto coas mans como cos pés.
Alejandro tamén se divertíu moitisimo e encantoulle a xelatina, mandounos un collage e un vídeo de mostra!!

De cor en cor!!
Breixo fixo o seu xogo e logo estuvo xogando a el, aquí podemos velo!!
Alejandro tamén xogou!! Intentaba saltar de cor en cor.

Auga de Artificio!!
Os nosos peques fixeron unhas bonitas obras coa súa experimentación de auga de artificio. Alejandro e Breixo mandaronnós un collage e Iris a parte disto mandounos un vídeo do ben que o pasou xogando coas xeringas!!



Agardamos que vos gustasen moito as actividades e as fotos!! Unha aperta moi moi grande!!