martes, 28 de julio de 2020

Onde pinto?

Bos días!! Hoxe toca arte, pero arte sobre distintas texturas. Para que os nenos poidan ver o efecto da pintura en cada unha delas. Os materiais que precisamos son:

-          Cartón.

-          Tesoiras.

-          Pinceis.

-          Pinturas.

-          Pegamento.

-          Un anaco de film transparente, papel de prata, tea, papel de periódico, papel de forno, poriespan, papel de cociña...

                Para comezar o adulto fará no cartón tantos ocos como materiais vaia utilizar. En cada oco pegará un anaco de cada material. A continuación os nenos e nenas pintarán con pincel sobre as distintas texturas. Os nenos e nenas poderán observar como nuns materiais a pintura se absorbe rapidamente, noutros tarda tempo en secar, noutros poden vela polo outro lado, etc. Este é o resultado do noso traballo.

                Agardamos ver como quedaron os vosos!! Unha apertiña!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario