viernes, 31 de julio de 2020

Non é un adeus é un ata pronto!!

                Bos días e feliz Venres nenas, nenos, mamás, papás e resto de familia!! Hoxe imos por un punto e a parte ao noso blog. Estamos moi agradecidas a todas e todos aqueles que colaborastes en facer este espazo que a nós nos gustou tanto, desfrutamos moito vendo como os nenos e nenas participaron nas actividades que lle propuxemos.

                Dende aquí queremos despedirnos, pero non é un adeus é un ata logo. Aos máis pequenos agardamos que este virus nos permita reencontrarnos de novo no PAI en setembro; aos maiores que marchades para o cole recordade que nós seguiremos aquí e que estaremos cos brazos abertos sempre e cando a situación o permita agardando a vosa visita. Desexamos que sexades moi felices na nova etapa que comezades. Deixamos a pequena orla de graduación que neste caso se tivo que facer dende a casa, sentimos que non esteades todos, nós fixemos todo o posible.

                

                Agora sí, aí vos vai a última proposta! Sempre que se acaba o cole, facemos unha festa, pois ben, esta vez teremos que facela nas nosas casas. Para ambientar a festa podemos facer tiras de bandeirolas e globos. Os materiais que precisamos:

-          Globos.

-          Papeis de cores.

-          Pinturas.

-          Unha botella de plástico.

-          Cordel.

                Para as bandeirolas, cortarémoslle cachos de papeis, cartóns, cartolinas en forma de triángulo. Os nenos e nenas pódenlle poñer pegadas, pegatinas, pintalas... para decoralas.

                Para os globos os nenos e nenas con papeis de cores farán pequenas boliñas de papel, estas meterémolas nunha botella de plástico que esté ben seca. Logo papá e mamá inflarán un globo e meteran a boca do globo na boca da botella, e botarán os papeliños dentro do globo, podedes seguir a imaxe. Os nenos e nenas poden por tamén pegatinas nos globos

                Unha vez feitas as bandeirolas e preparados os globos colgarémolas dun cordel para decorar. Mirade como quedaron as nosas na porta do PAI.

                Por rematar hoxe que é o último día imos facer unha experimentación mediante o gusto, intentamos facer experimentacións saudables, con froitas... pero hoxe imos decantarnos polo doce e ser máis lambóns. Podedes darlle a probar aos nenos e nenas chocolate e nata. O chocolate podedes darllo sólido, derretido, quente, frío... Logo introduciredes a nata, individualmente, e mesturándoa co chocolate. Tamén poden experimentar con el tocando, que textura ten cada cousa...

                Para rematar a festa poden con un palillo rebentar os globos e que salten os papeliños polos aires!!

                Esperamos que os nenos e nenas xunto coa familia desfrute moito da festa!! Xa que non podemos compartila presencialmente con vós agardamos que nos mandedes a mostra. Unha aperta e un bico moi moi grande para todos!! Sempre vos lembraremos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario