jueves, 30 de julio de 2020

Piñata de auga!

                Bos días familias! Hoxe volvemos a propoñervos unha actividade de auga, porque sabemos que vos gustan moito.


                A idea consiste en preparar unha piñata pero con globos de auga. Para realizar a actividade necesitamos:

-          Globos normais.

-          Auga.

-          Cordel.

-          Rolo de papel de cociña ou un tubo de cartón.

-          Cinta illante

                Papás, mamás tedes que encher os globos normais con auga, que leven a máxima posible. Colgarédelos dun cordel, nun espazo exterior e a unha altura que lle permita aos nenos golpealos. Logo o tubo de cartón podedes envolvelo con cinta illante para que sexa máis resistente.

                Agora que xa temos todo preparado, a idea é que os nenos golpeen os globos o máis forte que poidan ata que consigan rompelos. Recomendamos que os nenos estén sen roupa ou con unha que poidan mollar. Poderedes traballar nesta actividade as cores (cos globos) e tamén a  motricidade, xa que terán que moverse e golpear o máis forte posible.

                Agardamos que vos divirtades moito!! Queremos velo!! Unha aperta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario