martes, 30 de junio de 2020

What color is it??

Bos días familias!! Hoxe traemos un conto cheo de cores!! Pero... a profe Iria di unhas cousas moi raras mentres o conta!! Ah non!!! Que son as cores en inglés!! Agardamos que aprendades moito e vos guste a nosa proposta!

                Agora que xa vimos o conto imos a realizar un mural para traballar as cores en inglés, pero hoxe farémolo sobre cristal ou espello para que os nenos e nenas vexan o efecto que fai a luz cando atravesa o cristal coloreado. Podemos pintar con temperas e pinceis ou esponxas, rotuladores, ceras manley... Iremos dándolle as cores e pronunciando o seu nome en inglés para que os nenos e nenas se queden con el. Deixaremos que debuxen o seu antollo. Cando rematen, os que debuxaron sobre o cristal poden observar que cores ou formas quedan reflexadas no chan.


                Agardamos que lles guste moito e se queden coas cores en inglés, mandádenos fotos do seu gran mural!! Unha aperta moi grande!!


lunes, 29 de junio de 2020

A pescar!!

Bos días familias e benvidos unha semana máis!! Hoxe imos realizar unha actividade fresca e coa que traballaremos a motricidade, as cores...


Materiais necesarios:

-          Tapóns ou tapas de distintos envases.

-          Un barreño grande e un pequeno ou un caldeiro.

-          Unha culler.

-          Auga

Descrición da actividade:

                Encheremos o barreño de auga e nel introduciremos as tapas de distintas cores. Darémoslle a culler ao neno ou nena, con ela terá que ir pescando as tapas e sacándoas para o outro barreño ou recipiente que lle habilitemos. Primeiro podemos deixalos libremente, logo podemos ir dicíndolle que nos vaia dando as tapas por cores, ou que ao sacalas vaia facendo montóns no chan coas tapas da mesma cor. Se queremos complicalo podemos indicarlles que en lugar de pescar con unha culler o fagan con unha pinza da roupa.

                Agardamos que desfruten, xa que non deixamos de traballar dun xeito lúdico. Agardamos ver fotiños ou vídeos do ben que o pasaron. Unha aperta e un bico moi grande!!


sábado, 27 de junio de 2020

Coas mans na masa semana do 22 ao 26 de Xuño!!

                Feliz sábado familias, último do mes!! Aquí estamos un máis e seguiremos, agardamos que vos tamén nos acompañedes!! Sen dar máis voltas deixamos as fotiños dos nosos pequenos e pequenas!

QUE EMOCIÓN!!

                Iris xa coñecía o conto do monstro de cores e díxonos que nos esqueceramos de enviar a imaxe do monstro namorado para colorear! Ela con esas imaxes realizou outro actividade, esta foi crear botes das emocións para telas separadas.

                Alejandro tamén realizou a actividade do monstro de cores e logo enfadábase, saltaba de ledicia e choraba imitando a algúns dos monstros.

NOITE MEIGA!!

                Breixo realizou a súa fogueira e a súa sardiña mirade que ben lle quedaron.

                A Alejandro gustoulle moito pintar, tanto co cartón como coas mans!

                Iris experimentou primeiro coa sardiña, descubrindo por onde respiran , que forma teñen... Logo fixo a súa propia sardiña e a súa cacharela!!

Uxio e Iria tamén fixeron a súa fogueira e mirade que ben lle quedaron!!

CURTO OU LONGO?

                Iris xa diferencia perfectamente que roupa ten que poñer cando está bo tempo e cal cando chove e fai frío, mirade que ben o fai.

Uxio tamén estivo aprendendo que roupa poñemos en cada estación.

PELOTEAMOS?

                A proposta que nos mandou Iris gustoulle moito aos seus compañeiro!!

                Breixo e a súa irmá Clara divertíronse moito xogando xuntos.

                Alejandro tamén o pasou pipa xogando con ela.

                Uxio tamén xogou coa súa irmá Iria e pasarono xenial.

                Moitas grazas a todos por mandarnos estas mostras tan fermosas do ben que o pasan os nosos pequenos e pequenas!! Agardamos que o sigades facendo!! Unha aperta moi grande!!

viernes, 26 de junio de 2020

Peloteamos??

                Bos días!! Hoxe traemos unha proposta de psicomotricidade que nos mandou a nosa amiga Iris. É moi sinxela, e os materiais que precisamos son:


-          Un fío.

-          Unha pelota de tamaño pequeno (ping pong, tenis, bola da piscina de bolas...)

-          Cinta adhesiva.

-          Raqueta.

                A proposta que nos fai chegar é que atemos a pelota ben no fío, logo a colguemos do teito, pode ser atada, pegada con cinta ou pegada con un punto de silicona, debemos ter en conta que van golpear a pelota e hai que fixala ben. Darémoslle a raqueta aos nenos e nenas e estes tentarán golpear a pelota. Traballarán con isto a coordinación ollo-man, xunto coa motricidade. Deixamos un vídeo de mostra que nos mandou Iris para que vexades como fixo ela.


                Agardamos que vos divirtades moito e que nos mandedes os vosos vídeos. Unha aperta moi grande!!


jueves, 25 de junio de 2020

Curto ou longo?

                Bos días familias! Tras descansar o día de San Xoan volvemos a actividade!! Xa que chegou o verán tamén chegou a hora de mudar a roupa do armario!! O que queremos na actividade de hoxe é que os nenos e nenas diferencien entre a roupa de verán e a roupa do inverno, de abrigo. Poremos dentro dunha caixa, unha cesta ou no chan un montón de roupa no que mesturaremos roupa de inverno e roupa de verán (gorro e viseira, botas e sandalias, camiseta de manga larga e camiseta de manga curta, pantalón longo e pantalón curto...) os nenos terán que identificar cal é de inverno e cal é de verán e separalos.

                A seguinte proposta será que debuxemos no chan con xiz un boneco do tamaño do neno ou nena, para que el ou ela o poida vestir coa roupa de inverno ou verán según indique o adulto.

                Deixamos unha foto da profe Emma e da profe Iria, unha vestida de verán e a outra vestida de inverno. Saberán os nenos de que estación está vestida cada unha?


                A última das nosas propostas e como axuda para a autonomía persoal do neno ou nena propoñémosvos que animedes a que os nenos e nenas se vistan sós.

                Agardamos ver fotos do ben que o fixeron e o pasaron, unha aperta moi grande!!


martes, 23 de junio de 2020

Noite meiga!!

                Bos días!! Esta noite é noite de meigas, é noite de san Xoan, noite de fogueiras e noite de sardiñas!! Por iso hoxe imos facer as nosas pequenas fogueiras e as nosas sardiñas. Vos sabedes o que é unha sardiña? Aquí vos deixamos as propostas para o dia de hoxe!!

                Papás, mamás propoñémosvos que lles ensinedes aos vosos nenos e nenas unha sardiña de verdade. Poñeremos unha sardiña nun prato, co fin de que os nenos e nenas descubras a súa cor, que é prateada e brilla como o papel de aluminio, a súa textura, que o corpo está cuberto de escamas, a que ule. Podemos aproveitar para que identifiquen as partes do peixe, a cabeza ( que lle busquen os ollos e a boca), ensinarlle por onde respiran (as branquias), o corpo, as aletas, a cola.

                Unha vez que xa coñecemos a sardiña, darémoslle aos nenos un anaco de papel de aluminio, pincel e témperas. Deixaremos que pinten nel, que seque, e unha vez seco faremos a forma dunha sardiña con el.


                Por outro lado empregaremos un tubo de papel hixiénico, ou de papel de cociña, cortarémolo por un dos extremos en tiras e deixaremos o outro extremo para poder agarralo.  Con el e con tempera amarela, laranxa, vermella... Pegaremos nunha base (que pode ser un cartón, unha cartulina..) uns paos que atopemos e coa axuda do noso tubo pintaremos unha fogueira con temperas, amarela, laranxa, vermella...


                Unha vez que xa teñamos a nosa fogueira seca, xa podemos asar as nosas sardiñas encima!!


                 Agardamos ver que ben quedaron as vosas!!


lunes, 22 de junio de 2020

Que emoción!!

Bos días e feliz semana familias!! Comezamos esta semana con un conto moi especial, que lles vai a presentar aos nenos as diferentes emocións que poden ter dun xeito divertido. Alá imos!!

 

                Agora facemos distintas propostas:

                A primeira sería que o adulto lle presente nunha folla o monstro de cores representando as diferentes emocións. Que diferencien as emocións segundo a forma da súa cara e a súa cor. Deixamos unha imaxe de mostra ou podedes descargala pinchando en “monstro”.

                A segunda sería que nunha folla lle presentásemos aos nenos e nenas imaxes dos monstros coas distintas emocións e os pequenos e pequenas intenten unir as iguais mediante unha liña, con pintura de dedos, rotuladores, ceras... Deixamos a imaxe ou podedes descargala para imprimir pinchando en “emocións”.

                A terceira proposta sería que os nenos e nenas recoñecesen a emoción segundo a cara do monstro e o pintasen da cor que aparece no conto. Deixamos a imaxe do monstro sen pintar para que vos o poñades alegre, ou o enfadedes, ou o namoredes... podedes descargala pinchando en “cores”.


                Outra opción é que no lugar de imprimir ou empregar as imaxes dadas por nós dos monstriños, que debuxedes caras ao estilo emoji. Agardamos ver os vosos monstriños!! Unha aperta moi grande!!!


sábado, 20 de junio de 2020

Coas mans na masa semana do 15 ao 19 de Xuño!

                Feliz sábado familias  e feliz entrada do verán!!! Unha semana máis deixamos as fotiños das actividades! Agardamos que desfrutarades moito con elas. Recordamos que nos podedes mandar as vosas fotos cando queirades, serán subidas na semana na que se subiu a proposta da actividade. Tamén dicirvos que hai actualizacións nas actividades de semanas anteriores. Con isto comezamos!!!

                Hoxe imos comezar con unha foto moi especial. Mandáronnos un collage de Alejandro que onte día 19 cumpriu 2 anos e fixo a súa coroa, xa que non puido facela no centro.


Que hai aquí dentro??

Breixo fixo o seu experimento coas botellas visuais con cores e purpurina e mandounos dous vídeos!!

Iris fixo os dous tipos das botellas sensorias tanto sonoras como visuais! Mandounos collage de como as fixo e un vídeo de como experimentou coas sonoras!!

Uxio experimentou coas botellas sonoras! Aquí vos deixamos unhas fotiños.

Alejandro tamén o fixo con cores e purpurina e déixanos unhas fotos!!

Axudamos na casa!!

Uxio e Iria axudaron na casa e déronlle de comer aos seus animaliños!!

Alejandro barreu despois de facer algunha actividade polo que nos contan e tamén limpou o seu coche!!


Iris axuda moito na casa, polo que nos conta a súa mamá Vanesa fai moitas tarefas, neste caso mándanos fotos e vídeos de como lava e tende a roupa.

E se emparellamos?

Iris mándanos unha foto facendo o seu xogo e un pequeno vídeo xogando con el, polo que vemos está aprendendo figuras novas!!! Moi beeen!!!

Alejandro fixo o xogo das parellas pero seica lle costa máis recoñecer algunha figura que outra.


Decoramos!!

Uxio e a súa irmá Iria fixeron uns preciosos mosaicos co seu nome e papeis reciclados de revistas. Que fermosos!

Alejandro fixo un debuxo con forma de estrela que tamén lle quedou moi bonito!!

Iris fixo tamén unha figura preciosa dun sol e aproveitou para escribir como se chama.


Chega o verán!!

As medusiñas xa colgan na casa!! Aquí están as de Alejandro!!

As medusiñas de Iris son moi orixinais fíxoas con medio prato e logo colgoulle as teas. Que bonitas quedaron!!!

Moitas grazas unha semana máis por mandarnos as vosas fotos!! Agardámos que vos gustasen moito!! Unha aperta moi grande!!

viernes, 19 de junio de 2020

Chega o verán!!

                Bos días familias!! Estamos a puntiño de entrar no verán!! Desta volta en lugar de facer un mural propoñémosvos facer un móbil para darlle a benvida a nova estación.

                Os materias que precisamos son:

-          Cartolinas ou cartóns.

-          Pinturas de pao ou ceras.

-          Tiras de teas vellas.

-          Pegamento ou silicona.

-          Lá.

-          Pao.

-          Ollos móbiles.

                Recortarémoslle un anaco de cartolina similar a un semicírculo (será o corpo dunha medusa) e darémosllo para que o pinten das cores que queiran. Despois darémoslle tiras de tea para que as peguen  na parte recta do semicírculo que serán os tentáculos da medusa. Podemos pegarlle ollos móbiles ou debuxarllos. Logo ataremos a lá a cabeza da medusa e colgarémola no pao. Faremos varias medusas e o resultado será un precioso móbil do verán!!! Este é o noso:


                Agardamos ver que bonitos quedan os voso móbiles!!! Unha aperta moi grande nosos pequenos e pequenas!!


jueves, 18 de junio de 2020

Decoramos!!

    Bos días familias!! Hoxe imos a facer unha manualidade de decoración. Coa que traballaremos a motricidade fina,  coordinación óculo manual, as cores e a localización espacial dentro fora. Aproveitando  materiais que teñamos pola casa. Tamén traballaremos unha técnica que empregou o arquitecto Antoni Gaudí que é o mosaico!

                Os nenos e nenas pintarán sobre unha base de cartón, cartolina, ou folio e  logo o adulto debuxará as letras ou iniciais do nome do neno ou nena un debuxo, o seu xoguete preferido... Coa axuda do adulto os pequenos e pequenas recortarán anacos de cartolinas vellas, folios de cores que poidamos reutilizar e que teñamos pola casa, revistas vellas, follas de periódicos... Logo os nenos e nenas pegaranos anacos dentro da imaxe para decorala. O resultado será un bonito mosaico, o que podedes engadir un velcro ou unha lá se queredes colgala. Deixamos un exemplo que fixemos as profes do P.A.I.



                Unha vez que o teñades podedes colgalo nas vosas habitacións!! Agardamos ver que ben vos quedaron!! Unha aperta moi grande!!


miércoles, 17 de junio de 2020

E se emparellamos?

                Bos días!! Hoxe propoñemos un xogo de parellas, que nos servirá para traballar as formas e as cores ao mesmo tempo.

                Debuxaremos nunha folla dous triángulos, dous cadrados e dous círculos; irémoslle dando as figuras por parellas aos nenos e nenas para que as coloreen, neste punto podemos introducir cores novas (rosas, violeta, laranxa...), os nenos e nenas pintarán os iguais da mesma cor, os triángulos da mesma cor, os cadrados da mesma cor... Unha vez que estén pintados recortamos e os nenos pegaranos sobre unha base (de cartón, goma eva...) esta base terá a mesma forma para todas as figuras. Aquí vos deixamos o noso exemplo pero o voso seguro que queda máis fermoso!!


                Unha vez teñamos todas as figuras pegadas xogaremos a emparellar!! Agardamos a ver que tal o pasades!!


martes, 16 de junio de 2020

Axudamos na casa!

                Ola ola! Uxia axuda a súa nai e ti?

 

                Agora que xa vimos como axudaba Uxia propoñémosvos algunhas actividades que os nenos e nenas poden facer con vós e ao mesmo tempo colaboran nas tarefas diarias da casa. Por exemplo:

-          Se imos colgar a roupa: podemos dicir que nos pasen as pinzas de unha en unha, as de cor vermella, ou azul, ou verde. A hora de recoller a roupa que intenten apertar a pinza para poder abrila e coller a roupa.

-          Mentres mamá ou papá limpan o po dos mobles podemos darlle un trapo para que limpen o po dos seus xoguetes.

-          Pero tamén poden colaborar coas actividades de fora. Os que teñades animais poden ir con vós a darlle de comer ao animais.

-          Recoller herba recen cortada.

-          Barrer o lixo de diante da porta...

                Trátase de implicalos en todas aquelas actividades da vida diaria para conseguir que cada vez sexan un pouco máis responsables e autónomos.


                Agardamos que desfrutedes desta aprendizaxe e que nos mandedes imaxes para ver canto axudastes!!


lunes, 15 de junio de 2020

Que hai aquí dentro??

            Bos días familias! Comezamos a semana con unha experimentación. Imos facer botellas sensoriais. Facemos dúas propostas distintas para traballar dous sentidos, o sentido do oído e o sentido da vista. Recomendamos que as botellas empregadas para esta actividade sexan de plástico para que os nenos e nenas as poidan manipular sen ningún perigo.

                As primeiras botellas farémolas para traballar o sentido do oído. Colleremos 4 botellas e podemos darlle aos nenos e nenas garavanzos, pedras, palillos, e algodón. Distintos materiais que fagan distintos son. Eles e elas meteranos dentro das botellas e logo poden facelos soar para ver os distintos son que fan.

                Cando rematen coas botellas sonoras, experimentarán coas botellas visuais. Farémolas coa axuda dos nenos e nenas.

-          Botella de aceite: botaremos media botella de auga. Nun vaso o adulto terá preparado aceite con colorante ben mesturado e dante do neno ou nena engadirá a botella para que vexa como os dous compoñentes non se mesturan. Logo pechará ben a botella para que o neno ou nena poida manipulala sen perigo.

-          Botella de purpurina: botaremos auga con un pouco de colorante ou sen nada nunha botella e logo deixaremos ao pequeno ou pequena que lle engadan purpurina de cores para que así vexan os brillos que fai e pechamos ben.

-          Botella de papeis: Se temos papel de seda ou papel celofán darémoslles uns anacos ao neno ou nena (todos da mesma cor), encheremos a botella de aga case ata a cima e  deixaremos que os pequenos e pequenas metan os papeis dentro para que vexan como se tingue a auga. Lo pechamos e teñen unha botella dunha cor.

-          Botella efervescente: podemos botar auga e colorante doutra cor que non teñamos. Logo en presencia do neno botaremos unha pastilla efervescente para que o pequeno ou pequena vexa como fai burbullas, cando remate pecharemos e teremos outra botella de distinta cor.

                Deixamos algunha foto de botellas sensorias como exemplo:



                Agardamos que vos guste moito a experimentación, e que nos mandedes a mostra do que fixestes!! Unha aperta moi moi grande!!


sábado, 13 de junio de 2020

Coas mans na masa semana do 8 ao 12 de Xuño!!

                Boas noites e feliz sábado familias!! Deixamos as fotiños e vídeos das actividades semanais!! Hai actualizacións en fotos de semanas anteriores asi que botádelle un vistazo!!

A voar!!

Alejandro xogou moito cos globos gustáronlle moito logo coloreounos e pegoulle gomets de distintos colores.

Uxio tamén xogou cos globos e os coloreou mirade que ben lle quedaron!!

Breixo mandounos a foto da súa actividade cos globos!!

Piiii piii!!

Iris fixo un coche que lle quedou máis bonito que o da profe Iria, agora xa non quere baixarse del. Mandounos fotos de como o fixo e un vídeo de como anda nel!


A recoller!!

Alejandro e Iris esta semana recolleron os seus xoguetes despois de xogar e mandáronnos vídeo para que o poidamos ver!!



Enfiamos!!

Uxio enfiou os seus macarróns, nesta ocasión para a base empregou un anaco de poriespán reutilizado.

Alejandro tamén enfiou, primeiro fixo sobre a base de plasti e logo fixo o seu colar que lle quedou moi bonito.

Breixo tamén ensertou os macarróns e palliñas nos paus de brocheta!!

Iris, a parte de enfiar, transvasou os macarróns e fixou outras actividades con eles.


GRRRR!!

Chegou o momento de ir a selva!!! E dámoslle as grazas a Iris e a súa mamá Vanesa por mandarnos este vídeo tan chulo da súa actividade de psicomotricidade!!!

 

                Unha semana máis moitas grazas!! Agardamos que vos gustasen as propostas, para a semana máis e mellor!! Unha aperta moi grande!! E non esquezades que nunca é tarde para mandarnos as vosas fotos!!