martes, 7 de julio de 2020

Onde viven os paxariños??

Bos díaaaas!!! Sabedes onde viven os paxariños? Moitos viven en niños outros teñen casiñas. A nosa proposta de hoxe é facer unha casiña de paxaros con materiais reciclados.

                Os materiais necesarios:

-          Un brick de leite.

-          Pintura en tempera .

-          Rotulador permanente.

-          Silicona e pistola.

-          Tesoiras.

-          Un pao.

-          Fío ou corda.

                Deixamos algunhas de exemplo, pero cada un de vos pode facer o modelo que queira, como se é propio!!

                Unha vez feita podemos colgala no exterior das nosas casas, incluso podemos por un pouco de alpiste dentro para que os paxariños veñan a comer e os pequenos e pequenas poidan observalos. Agardamos que nos mandedes fotos das vosas casiñas!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario