viernes, 31 de julio de 2020

Non é un adeus é un ata pronto!!

                Bos días e feliz Venres nenas, nenos, mamás, papás e resto de familia!! Hoxe imos por un punto e a parte ao noso blog. Estamos moi agradecidas a todas e todos aqueles que colaborastes en facer este espazo que a nós nos gustou tanto, desfrutamos moito vendo como os nenos e nenas participaron nas actividades que lle propuxemos.

                Dende aquí queremos despedirnos, pero non é un adeus é un ata logo. Aos máis pequenos agardamos que este virus nos permita reencontrarnos de novo no PAI en setembro; aos maiores que marchades para o cole recordade que nós seguiremos aquí e que estaremos cos brazos abertos sempre e cando a situación o permita agardando a vosa visita. Desexamos que sexades moi felices na nova etapa que comezades. Deixamos a pequena orla de graduación que neste caso se tivo que facer dende a casa, sentimos que non esteades todos, nós fixemos todo o posible.

                

                Agora sí, aí vos vai a última proposta! Sempre que se acaba o cole, facemos unha festa, pois ben, esta vez teremos que facela nas nosas casas. Para ambientar a festa podemos facer tiras de bandeirolas e globos. Os materiais que precisamos:

-          Globos.

-          Papeis de cores.

-          Pinturas.

-          Unha botella de plástico.

-          Cordel.

                Para as bandeirolas, cortarémoslle cachos de papeis, cartóns, cartolinas en forma de triángulo. Os nenos e nenas pódenlle poñer pegadas, pegatinas, pintalas... para decoralas.

                Para os globos os nenos e nenas con papeis de cores farán pequenas boliñas de papel, estas meterémolas nunha botella de plástico que esté ben seca. Logo papá e mamá inflarán un globo e meteran a boca do globo na boca da botella, e botarán os papeliños dentro do globo, podedes seguir a imaxe. Os nenos e nenas poden por tamén pegatinas nos globos

                Unha vez feitas as bandeirolas e preparados os globos colgarémolas dun cordel para decorar. Mirade como quedaron as nosas na porta do PAI.

                Por rematar hoxe que é o último día imos facer unha experimentación mediante o gusto, intentamos facer experimentacións saudables, con froitas... pero hoxe imos decantarnos polo doce e ser máis lambóns. Podedes darlle a probar aos nenos e nenas chocolate e nata. O chocolate podedes darllo sólido, derretido, quente, frío... Logo introduciredes a nata, individualmente, e mesturándoa co chocolate. Tamén poden experimentar con el tocando, que textura ten cada cousa...

                Para rematar a festa poden con un palillo rebentar os globos e que salten os papeliños polos aires!!

                Esperamos que os nenos e nenas xunto coa familia desfrute moito da festa!! Xa que non podemos compartila presencialmente con vós agardamos que nos mandedes a mostra. Unha aperta e un bico moi moi grande para todos!! Sempre vos lembraremos!!

jueves, 30 de julio de 2020

Piñata de auga!

                Bos días familias! Hoxe volvemos a propoñervos unha actividade de auga, porque sabemos que vos gustan moito.


                A idea consiste en preparar unha piñata pero con globos de auga. Para realizar a actividade necesitamos:

-          Globos normais.

-          Auga.

-          Cordel.

-          Rolo de papel de cociña ou un tubo de cartón.

-          Cinta illante

                Papás, mamás tedes que encher os globos normais con auga, que leven a máxima posible. Colgarédelos dun cordel, nun espazo exterior e a unha altura que lle permita aos nenos golpealos. Logo o tubo de cartón podedes envolvelo con cinta illante para que sexa máis resistente.

                Agora que xa temos todo preparado, a idea é que os nenos golpeen os globos o máis forte que poidan ata que consigan rompelos. Recomendamos que os nenos estén sen roupa ou con unha que poidan mollar. Poderedes traballar nesta actividade as cores (cos globos) e tamén a  motricidade, xa que terán que moverse e golpear o máis forte posible.

                Agardamos que vos divirtades moito!! Queremos velo!! Unha aperta!!

miércoles, 29 de julio de 2020

Pegadas...

Bos días familias!! Estes días que o chan está quentiño, a todos nos gusta andar descalzos. Que tal se aproveitamos para facer unha actividade cos pes? Propoñémosvos facer unha alfombra de pegadas.

                O que precisaremos para esta actividade será: un anaco dunha saba, un cartón, cartolinas, pintura de dedos ou témpera e pratos de plásticos. A actividade consiste en que os nenos e nenas metan os pes nos pratos que anteriormente encheremos de pintura e camiñen pola superficie que elixades, que incluso pode ser o propio chan. Podedes ir cambiando as cores dos pratos para que as pegadas sexan de cores diferentes.


                Unha actividade moi sinxela pero que favorece a estimulación sensorial dos nenos e nenas. Con ela podemos traballar as cores, as temperaturas, etc. Agardamos que desfrutedes moito con ela e que nos mandedes unha imaxe ou vídeo da vosa alfombriña de pegadas!! Unha aperta!!

 


martes, 28 de julio de 2020

Onde pinto?

Bos días!! Hoxe toca arte, pero arte sobre distintas texturas. Para que os nenos poidan ver o efecto da pintura en cada unha delas. Os materiais que precisamos son:

-          Cartón.

-          Tesoiras.

-          Pinceis.

-          Pinturas.

-          Pegamento.

-          Un anaco de film transparente, papel de prata, tea, papel de periódico, papel de forno, poriespan, papel de cociña...

                Para comezar o adulto fará no cartón tantos ocos como materiais vaia utilizar. En cada oco pegará un anaco de cada material. A continuación os nenos e nenas pintarán con pincel sobre as distintas texturas. Os nenos e nenas poderán observar como nuns materiais a pintura se absorbe rapidamente, noutros tarda tempo en secar, noutros poden vela polo outro lado, etc. Este é o resultado do noso traballo.

                Agardamos ver como quedaron os vosos!! Unha apertiña!!


lunes, 27 de julio de 2020

Xogamos os bolos?

                Bos días familias!! Que tal se comezamos a semana facendo un xogo? Imos xogar os bolos!!


                Os materiais que ides precisar son:

-          6 ou máis vasos de iogur baleiros.

-          Pinturas de dedos, rotuladores...

-          Pegatinas, cachiños de papeis...

-          Papel de prata.

                O primeiro que faremos será quitarlle o papel de arredor aos vasos de iogur e os nenos e nenas poden decoralos como máis lle guste. Unha vez decorados podemos colocalos uns enriba de outros para facer unha pirámide. Como na seguinte foto.

                Agora faremos a bola para a que empregarán un anaco grande de papel de prata que irán apertando e coa nosa axuda lle irán dando forma redondeada. Cando esté lista podemos lanzar a bola e dar comezo ao xogo. Se hai máis de un neno ou nena poden xogar por quendas.

                Agardamos ver que tal o pasades!! Unha aperta moi grande!!


sábado, 25 de julio de 2020

Coas mans na masa semana do 20 ao 24 de Xullo

Boas noites familias!! Penúltima semana de fotiños e vídeos dos nosos peques!! Agardamos que vos gusten moito, tanto comoa nos.

Bzzzzzz!!!!
 Iris traballou un montonazo para deixar moi moi bonita a súa composición!!!


As plantas teñen moita sede!!
Alejandor uníu a súa maneira a regadeira coas plantas, e como non tiña unha regadeira para poder facelo na realidade fixo con unha botella furada. Encantoulle!!
Iris mandounos a foto de como fixo a ficha, cada regadeira uníuna dun xeito distinto! Tamén nos mandou un vídeo regando as súas plantiñas.

Aishhhh que viscoso!!!
Iris fixo todo o proceso da actividade e mandounos vídeos de mostra!! Primeiro fixo xelatina coa axuda da súa mamá Vanesa, logo probouna, e logo experimentou con ela tanto coas mans como cos pés.
Alejandro tamén se divertíu moitisimo e encantoulle a xelatina, mandounos un collage e un vídeo de mostra!!

De cor en cor!!
Breixo fixo o seu xogo e logo estuvo xogando a el, aquí podemos velo!!
Alejandro tamén xogou!! Intentaba saltar de cor en cor.

Auga de Artificio!!
Os nosos peques fixeron unhas bonitas obras coa súa experimentación de auga de artificio. Alejandro e Breixo mandaronnós un collage e Iris a parte disto mandounos un vídeo do ben que o pasou xogando coas xeringas!!



Agardamos que vos gustasen moito as actividades e as fotos!! Unha aperta moi moi grande!!

viernes, 24 de julio de 2020

Auga de artificio!!

Bos días familias!! Mañá festexase o día de Galicia, unha das actividades máis características deste son os fogos de artificio que se tiran esta noite, pois ben, nos imos facer unha variante un pouco menos perigosa, auga de artificio. Pero antes de comezar a profe Iria vainos contar un conto dos Bolechas, atentos a onde van!!

                Agora podemos comezar coa actividade e para iso precisaremos:

-          Xiringas.

-          Esprays pulverizadores.

-          Colorante.

-          Recipientes.

-          Cartón ou folios.

-          Papel de periódico.

-          Pegamento.

                A actividade terá distintas partes:

-          Primeiro podemos encher as xiringas e pulverizadores de auga e que os nenos e nenas o aperten para ver como sae, disparando cara arriba, en pequenas gotas, forte...

-          Seguidamente podemos tinguir nuns recipientes a auga de distintas cores, metémola nas xiringas e pulverizadores e os nenos e nenas xiringarán e pulverizaran sobre un papel ou cartón. As gotas ao caer simularán a explosión de cor dos fogos artificiais.


-          Podemos facer unha variante, que sería facer con papel de periódico unha silueta dunha catedral e pegala no cartón ou nos folios e que os nenos pulvericen por encima, logo podemos deixar que se vexa a silueta de periódico ou sacar o periódico e que se vexa a silueta sen pintar.


                Con esta actividade a parte de facer unha obra de arte, faremos a nosa reprodución da festa do Apóstolo. Agardamos ver as vosas obras, a continuación deixamos a nosa. Unha aperta moi grande!!

                


jueves, 23 de julio de 2020

De cor en cor!!

Bos días familias!! Hoxe é un bo día para movernos!! Imos a realizar unha actividade de psicomotricidade coa que tamén traballaremos as cores.

                O que precisaremos para poder realizar a actividade é un dado ao que lle pegaremos cores polos lados, podemos empregar as cores que máis vimos (azul, amarelo, verde e vermello), inda que para os máis maiores podemos incluír outras cores que xa coñecen (laranxa, rosa...), tamén temos que facer círculos das mesmas cores que empregastes para o dado, tres ou catro de cada cor. Podedes descargar a suliueta do dado para poder facelo pinchando en "dado". Este é o dado que fixemos nós:

                Agora podemos facer distintos xogos:

-          Podemos facer un círculo grande cos círculos de cores, que os nenos e nenas tiren o dado e se dirixan correndo a cor que lles saíu. Podemos ir sacando os círculos sobre os que se posicione, para que non se dirixan sempre ó mesmo. Deixamos unha foto de como quedou o noso.

-          A seguinte proposta sería colocar como vos imos ensinar na imaxe as cores todas alternas, imos tirando o dado e os nenos deben de ir poñendo primeiro un pé logo o outro, logo unha man e logo a outra, encima das cores que lle vaian saíndo.

                Deixamos unha canción para ambientar o xogo que é moi movida.

                Agardamos que os nenos se divirtan moito con este xogo e ao mesmo tempo se movan. Mandádenos a mostra!! Unha aperta moi grande!!


miércoles, 22 de julio de 2020

Aishh, que viscoso!!

Bos días familias!! Hoxe é día de experimentación. Os vosos pequenos e pequenas probaron algunha vez a xelatina? Pois hoxe é o día!!!

                Temos distintas propostas para a experimentación, pero para poder comezar debemos de facer a xelatina, podedes empregar as láminas, ou polvos para facela, podedes facela de cores e sabores, neutra e logo tinguila con colorante alimenticio de distintas cores, ou mercala xa feita.

                A segunda parte é probala, deixar que os nenos e nenas as proben eles sós, e experimenten a que saben, que textura ten...

                A terceira parte será que a boten nun bol ou barreño grande e que a manipulen coas mans, así tamén poden experimentar a textura que ten e a temperatura, pero neste caso coas mans.


                Por último o que faremos e que os nenos experimenten cos pés, meténdose no barreño ou botando a xelatina nunha piscina baleira. Unha vez que experimenten cos pes podemos botar auga e que vexan como fai desta maneira, se flota ou non...

                Agardamos que lle guste moito a experimentación, e que nos mandedes a mostra! Unha aperta con moito agarimo!!


martes, 21 de julio de 2020

As plantas teñen moita sede!!

            Bos días familias!! Estes días fixo moita calor, e non nos podemos esquecer de que as plantas sen auga non poden medrar e quedan sen flores. Se non mirade o que lle pasaba ao xirasol.

                Agora imos a realizar unha breve ficha para recordar os termos arriba abaixo. O que terán que facer é unir a regadeira coa planta, podemos facelo coa cor azul para simular a auga. Podedes descargar a ficha pinchando en  regamos “.

                Despois de realizar a ficha podemos facer a actividade cos nenos e nenas de regar as plantas, para mellorar a súa autonomía, dándolle unha regadeira e dicíndolle que teñen que regar as plantas, pero que tampouco podemos botarlle moita auga para non afogalas.

                Agardamos que lles guste moito a actividade e que nos mandedes o ben que lles saíu! Unha aperta moi grande!


lunes, 20 de julio de 2020

Bzzzzzzzzz!!

Bos días e feliz semana familias! Comezamos unha nova semana propoñéndovos unha actividade relacionada coas abellas e co mel. Para introducir a actividade escoitade esta canción, que é un xogo de corro, ao cal podedes xogar vós na casa, canta a profe Emma e é interpretada polo noso compañeiro Breixo a súa irmá Clara e o seu amiguiño Ivan.

                A idea principal é facer unha composición que podemos pegar nunha parede e que consta de un panal, flores e unha abella. 


Os materiais que precisamos son:

-          Rolos de papel hixiénico.

-          Folios.

-          Pinturas.

-          Papeis de cores.

-          Tesoiras.

-          Pegamento.

-          Fío.

-          Limpapipas ou bastoncillos das orellas

                Para o panal cortaremos o rolo de papel hixiénico en círculos e darémosllo ao neno ou nena para que o pinte de cor amarelo.

                Para a abella precisamos un rolo de papel hixiénico que tamén pintarán de amarelo, logo papá ou mamá debuxarán dúas liñas negras, tamén se pode por cinta illante negra. Os ollos podedes debuxalos con rotulados ou poñerlle ollos móbiles, para as antenas podemos empregar limpa pipas, bastoncillos para as orellas ou calquer outro elemento ríxido. Para as ás debuxaremos a forma nunha folla e que a pinten, o mesmo para o aguillón debuxámoslle a forma e que o pinten de negro. Logo pegaremos todas as partes.

                As flores debuxarémosllas nunha folla e os nenos e nenas con papeis de cores farán boliñas que iremos pegando sobre os pétalos.

                Con esta composición traballaremos formas (o círculo), cores, concepto arriba – abaixo, a motricidade fina ao facer as boliñas...

                Por último podedes contarlle aos nenos e nenas que son as abellas as que fabrican o mel e animalos a que o proben.

                   Seguro que a vosa composición queda máis fermosa. Agardamos que nos mandedes unha foto!

               


sábado, 18 de julio de 2020

Coas mans na masa semana do 13 ao 17 de Xullo!!

            Boas noites familias! Unha semana máis deixamos as fotiños dos nosos pequenos e pequenas!!

Imos de viaxe!!

Breixo deixanos un vídeo e unha foto do ben que diferenciou as cousas que emprega para ir a praia!


Alejandro marcou con gomets as cousas que emprega para ir a praia.

As ondas do mar!!

A Alejandro gustoulle moito a actividade da espuma ata se refregou todo por encima!!

Iris tamén fixo a actividade da espuma e sacou moitas cousiñas de dentro.

Breixo mandounos un colllage e uns vídeos da súa actividade.


A caracola Manola!!

Iris fixo un acuario moi fermoso e mandounos a mostra!

Alejandro tamén nola mandou e cóntannos que lle encanta a canción.

Pomp Arte!!

A Alejandro costulle un pouco soprar pero fixo o que puido.

Iris pola contra fixo unha obra de arte moi moi fermosa.

Ao rescate!!

Esta foi a actividade que máis lle gustou a Iris seica desfrutou moito con ela, enviounos todo o proceso, para rescatar as caracolas empregou sal, un marelo...

Alejandro tamén desfrutou moito rescatando a Caracola Manola do cubo de xeo.


Agardamos que vos gustasen moito actividades e os que inda as queredes facer e enviarnos fotos estades a tempo!!! Unha aperta moi grande!!!

viernes, 17 de julio de 2020

Ao rescate!!

Bos días familias!! Hoxe imos facer un rescate, estades listos??


Imos dicirlle aos nenos e nenas que nos metan nun taper xoguetiños relacionados co mar e coa praia, cunchas, etc. Unha vez que metan os xoguetes, encheremos o taper con auga, taparémolo e deixarémolo no conxelador unha noite ou dende a mañá a tarde, ata que se conxele a auga. Unha vez conxelado, Chega o momento do rescate!!! Sacarémolo o bloque de xeo e porémolo encima dunha bandexa ou no chan fora, para que os nenos o poidan manipular e inda que se derreta non pase nada. Os nenos terán que ir facendo que o xeo se derreta e rescatando os xoguetes que hai dentro, podemos darlle martelos de xoguete, pas, culleres, auga tibia, auga quente, un pouco de sal...

                Cando vaian sacando preguntarémoslle que sacou, con isto poderemos practicar a linguaxe oral!

                Agardamos que desfruten moito coa experimentación, e que nos mandedes a mostra! Unha aperta moi grande!!!


jueves, 16 de julio de 2020

Pomp Arte!

                Bos días familias!! Pomp Arte, que será será? Hoxe imos dedicar  a nosa actividade a facer unha obra de arte!

                Imos a facer a obra de arte con Pompas de xabón, de aí o seu nome!

                Os materiais que empregaremos son:

-          Vasos de plástico ou outros envases.

-          Auga

-          Xabón de lava vaixelas.

-          Colorante.

-          Pompeiro, ou tres palliñas e fiso.

-          Papel continuo, cartulina branca ou folios.

-          Fiso.

                O que faremos será mesturar auga con xabón en distintos recipientes. A cada un dos recipientes botarémoslle colorante de distintas cores. Logo pegaremos nunha parede ou colocaremos no chan un papel continuo, unha cartolina branca grande ou varios folios unidos. Daremos ao neno ou nena a parte de arriba dun pompeiro. O neno ou nena meterá o pompeiro nos recipientes de cores e fará burbullas cara o papel, irán facendo de distintas cores ata facer unha obra de arte. No caso de non ter un pompeiro, podemos unir tres palliñas con un fiso.

                Con esta activdiade podemos traballar as cores, os conceptos cheo valeiro (coo están os vasos?), as formas que deixaron as burbullas...


                Agardamos que fagades obras de arte preciosas e nos mandedes a mostra!!

Un bico con moito agarimo!!