viernes, 1 de mayo de 2020

Un agasallo para mamá!!


Con motivo do festexo do día da nai, o próximo 3 de maio, propoñémosvos unha actividade moi doce, para que sorprendades as vosas nais. Iso si, ides necesitar a axuda dun adulto ou adulta que viva con vós:  papá, irmáns, irmás maiores, avós,avoas, etc…
FACEMOS GALLETAS!!!!

Ingredientes:
                350 gramos de fariña de trigo.
                50 gramos de azucre.
               140 gramos de manteiga.
               2 ovos frescos.
               80 gramos de leite.
               1/2 cullerada de levedo en po.
               Reladura de limón .
               Unha pisca de sal.
Preparación:
Prequentamos o forno a 180 ºC. Seleccionando a opción de calor por enriba e por baixo. Poñemos nun bol a manteiga, os ovos, o azucre, a reladura de limón e batémolo cunhas bariñas eléctricas ou a man, ata que quede unha masa líquida e homoxénea.
               Una vez lista, engadimos a fariña tamizada, voltamos a  bater e vemos que pouco a pouco se forma unha masa máis espesa. Unha vez adquira esta  textura espesa, amasámola coas mans e engadimos  un pouco máis de fariña para que non se nos  pegue nas mans. Engadimos  tamén un pouco máis de fariña nunha superficie plana, onde, co rodillo, teredes que amasar a masa ata que consigades o   grosor que desexedes.
               Unha vez teñades a masa preparada, utilizade os moldes para cortar as galletas e, a medida que as teñades separadas, colocádeas nunha bandexa de forno con papel vexetal. Cando teñades a bandexa  chea, metédeas no forno durante 15 minutos aproximadamente. Unha vez as galletas  estean listas, podedes engadirlles elementos decorativos, como fideos  de cores, chocolate branco, negro, etc.
                Cando as galletas listas e tamén frías, podemos empaquetalas. Para isto podemos empregar un modelo como o das fotografías que vos mostramos a continuacións. Podemos realizalos nunha cartolina ou nun folio, recortámolo, que os nenos o coloreen pola parte exterior, logo pegamos polas solapas(a solapa do borde máis longo hai que facerlle un pequeno corte pola dobla, para introducir a solapa do borde máis curto, e que así quede ben cerrada a caixa)  e montamos a caixa para colocar as galletas dentro.


                O proceso de mestura e amasado e tamén o de facer as formas, traballa moito a motricidade, a coordinación ollo man e o control da forza nos pequenos. Preparamos un agasallo para as mamás pero non deixamos de traballar dun xeito lúdico.

Seguro que mamá está encantada coa vosa sobremesa!! Xa que non as podemos probar, mandádenos a proba virtual da vosa receita. Unha aperta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario