viernes, 8 de mayo de 2020

Pichirilo!!

Recordades a Pichirilo?


Agora que se achega a fin de semana propoñemos unha actividade na que podedes colaborar todos e todas. Imos facer unha granxa para os nosos animais. Dámosvos un modelo pero vós podedes deixar voar a vosa imaxinación. Os nenos e nenas poden decorar cada parte da granxa como queiran, estampando con esponxas, pintando con pinceis, ceras, rotuladores, pegando gomets ou pegatinas... Para a base podedes empregar cachiños de papel, teas, herba, palla ou outros materiais que teñades. Este sería o modelo.

                      


Como segunda actividade podedes fabricar os animais para xogar. Recortamos o debuxo dun animal, e pegámolo nun cartón logo imos pegando láminas de cartón e recortán coa forma. Canto estén todas pegadas dámosllasao neno ou nena para que coloreen o debuxo do animal. Deixamos un enlace dos debuxos dos animais por se queredes empregar estes para imprimir: https://drive.google.com/open?id=1AToAPqlSO0foUvuBhNPTGDBmEhOuQGyv . Tamén unhas imaxes de como quedaría a silueta montada. 



Agardamos ver o resultados das vosas granxas e que xoguedes moito con elas na fin de semana! Unha aperta moi grande e un bico para a profe Bea que foi a que nos deixou de recordo esta bonita canción!


No hay comentarios:

Publicar un comentario