sábado, 2 de mayo de 2020

Coas mans na masa do 27 de Abril ao 1 de Maio!!


            Feliz sábado familias! Unha semana máis queremos compartir con vós o que fixeron os e as máis peques da casas durante esta semana. Encántanos que nos mandedes fotos e vídeos. Anímanos moito a seguir creando cousas fermosas para eles. Recordarvos que ao longo da semana se foi actualizando o post do sábado pasado así que podedes volver a botarlle un vistazo que seguro que hai cousiñas novas nel. E dicirvos que se inda non nos mandastes as vosas creacións desta semana ou da pasada, non pasa nada!! Inda estades a tempo!!! Podedes facer a proposta que vos guste cando vos queirades e mandarnos a foto. Nos subiremos a foto no post da semana na que se publicou a actividade. Con isto, alá vamos!!
                Voa bolboreta voa!
Comezamos a semana decorando a casa con bolboretas de cores Uxio e a súa irmá Iria fixeron esta tan bonita.


Iris mandounos este precioso collage do seu proceso de montaxe da súa bolboreta, que fermosa lle quedou.

Nesta actividade parece que as irmás maiores se quixeron involucrar porque Clara tamén lle quixo botar unha man a Breixo. Fixádevos a súa bolboreta fóiselles voando ao coto de San Sebastián.



A Alejandro gustoulle moito xogar cos anacos de palliñas polo que nos contan e facer a súa bolboreta.




Xa podemos saír!!
Chegou o día de poder saír, e Iris xuntou moitas flores, tantas que fixo as dúas actividades que propuxemos facendolle unhas pequenas modificacións e deixandoas así de fermosas:
Uxio tamén fixo o seu mantel individual e ao ser transparente faille moita gracia miral a través del. Mirade que ben lle quedou!

Dende que se decretou o estado de alarma Sofía González fala moitísimo. Grazas a súa nai Laura que nos manda vídeos dela podemos vela. Neste caso facendo a proposta das flores.


Móvete!
Esta foi a proposta que nos mandou Iris para o circuíto de psicomotricidade. Que ben o fai!

Un agasallo para mamá!!
Hugo García e a súa irmá Aroa son uns larpeiros pero tamén quixeron facerlle un agasallo a mamá. Mandáronos estas fotos do proceso e do resultado. Mmmmm....



Alejandro coa axuda do seu irmán Manuel e da súa avoa tamén fixo o agasallo para a súa nai e nos fixo chegar a proba virtual. Mmmmm...

Estas foron as galletas sorpresa que Iris e o seu papá fixeron para mamá. Cantos moldes teñen! A Iris encántalle amasar polo que nos contan.
             Breixo xa vai para reposteiro, así desfrutou facendo o agasallo para a súa mamá Emma, estaba moi concentrado! O resultado tamén ten moi boa pinta e seica estaba delicioso...

 Enacántanos ver todo o que facedes!! Seguide así!! Para a semana máis e mellor!! Os que inda non se decidiran a mandarnos as súas fotos, recordade que podedes facelo, nunca é tarde!! Unha aperta moi moi grande!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario