lunes, 25 de mayo de 2020

Por unhas esquiniñas de nada!

    Bos días e feliz semana familias. Que vos parece se hoxe coñecemos unha forma nova? Imos presentar dúas distintas, unha para cada grupo de idade.

        Comezamos polos máis pequenos, xa coñecen o círculo así que a nova forma que imos introducir é o cadrado. 


    Primeiro imos ver o conto “Por cuatro esquinitas de nada”. Poderemos parar o conto e ensinarlle as figuras, o círculo que xa coñecen e o cadrado que é a figura nova. A continuación podemos debuxar no chan con xiz ou cinta illante un círculo e un cadrado. Nun recipiente podemos mesturar tapas de botes de envases, xoguetes, con formas cadrada e circular. A intención do xogo sería que o neno ou nena asocie a peza que ten na man coa figura que está debuxada no chan, que a coloque no lugar que corresponde. Se debuxamos as figuras grandes no chan podemos traballar os conceptos dentro fora (métete dentro do cadrado, sal fora do círculo). Se non queredes pintar no chan podedes empregar caixas cadradas, cordas para facer a forma circular...

    Para os maiores, normalmente despois de coñecer  e traballar co círculo e co cadrado, introducimos a figura do triángulo. 


    Desta volta, propoñémosvos que o fagades vós na casa, dun xeito moi sinxelo. Simplemente se trata dunha aproximación ás diferentes formas xeométricas que están presenten en todo o noso entorno. Pódense facer moitas actividades, pero comezaremos pola máis sinxela.

1.           Nun folio, cartón, cartolina, etc, debuxamos un triángulo  e contámoslles aos nenos e nenas que ten tres esquinas, a diferencia do cadrado que ten catro e do círculo que non ten ningunha. Unha vez que o vexan se tedes algún xoguete con esa forma, que o manipulen e experimenten sobre el (pasarlle o dedo a todo o contorno, poñendo especial fincapé nas esquinas...).

2.           Podedes facer con cartolinas ou papeis de cores triángulos pequenos, círculos e cadrados. A idea é que intenten recoñecer e  peguen os triángulos pequenos dentro do grande. Deste xeito traballaremos as formas, os tamaños e tamén as cores.

3.          Unha vez feito, podédeslles pedir que recorten a forma ( todos e todas aqueles que sexan capaces de facelo) e podédela colgar con cinta adhesiva, ou colocarlle un la, etc nun lugar visible para que se vaia familiarizando con ela.

    Para acompañar esta actividade podedes botar man das múltiples cancións que hai en internet sobre o triángulo. Nós deixámosvos este vídeo que tamén traballa grande pequeno, os maiores tamén poden facer a actividade dos pequenos como repaso e os pequenos a de maiores como un pequeno achegamento.


    Desexamos que vos guste a proposta!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario