miércoles, 6 de mayo de 2020

Patacas Day!

                O título de hoxe mestura linguas. Acordádesvos como nos saudabamos polas mañás? Pois aí vai un recordatorio.

 

                Propoñémosvos experimentar non só con materiais, se non tamén coas linguas, e aprender palabras novas en inglés.

Hoxe tocan as patacas, en inglés potatoes que se pronuncia poteitos.

1º paso: presentámoslle a pataca crúa, que a toquen que a ulan, etc.

2º paso: presentámoslle a pataca cocida con pel (fría). A esta pataca cocida terán que sacarlle a pel. Nun primeiro momento nós guiarémolos, e logo deixarémolos que o fagan libremente. Traballarán con isto o xesto da pinza.

3º paso: terán que esmagar a pataca cocida con un garfo, ou coa man, que en inglés é hand e se pronuncia jand. Con isto traballaremos a coordinación ollo- man, o control da forza...

4º paso: presentámoslle nunha bandexa patacas fritidas, en inglés chips, miramos de que cor son, que as ulan, que as toquen, que as proben...

5º paso: esmigallar as patacas fritas.

Agardamos que vos guste a experimentación!! Unha aperta!! Goodbye!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario