jueves, 30 de abril de 2020

Móvete !!

         Ola familias! Que vos parece se hoxe facemos un pouquiño de exercicio? Imos a propoñervos un circuíto de psicomotricidade. A dificultade deste poderémola ir adaptando a capacidade do neno ou nena, xa sexa sacando ou engadindo elementos. A nosa proposta é a seguinte:

         Materiais necesarios:

  •  Botellas de auga ou cartóns de leite.
  • Calcetíns.
  • Coxíns.
  • Rolos de papel hixiénico.
  • Tres cadeiras.
         Descrición:

         Realizaremos un circuíto no que o neno ou nena terá que saltar de uns coxíns a outros, logo fará zigzag entre as botellas de auga ou cartóns de leite. Cos rolos de papel hixiénico, construiremos un pequeno muro que terá que saltar. A continuación terá que pasar reptando por debaixo das tres cadeiras e por último faremos con calcetíns unha liña pola que terán que ir camiñando. Logo darán a volta ata o principio seguindo o mesmo percorrido. Poderán repetir o circuíto o número de veces que consideredes. Primeiro o adulto realizará a actividade co neno para ensinarlle como se fai. Con isto queremos afianzar movementos como o salto, conseguir maior seguridade no control corporal...

          Para rematar faremos dúas actividades máis, unha moi importante, que é recoller, comezaremos polo final do percorrido, e deixaremos para o último os coxíns, onde nos sentaremos para a última actividade.

“Masaxe relaxante”

         Materiais necesarios:
  • Unha tea pequena, lazo, plumas ou calquera material suave que teñades.

         Descrición da actividade:

          Co neno colocado nos coxíns ou no nosos regazo boca arriba, realizarémoslle unha masaxe relaxante deslizando o material que elixísemos dende a cabeza ata os pés suavemente e regresando. Unha vez rematemos pola parte de adiante podemos facer o mesmo pola parte traseira tantas veces como o neno ou nena queira. Podemos acompañar estes movementos con unha música de fondo baixiña.

          Un día máis se queredes mandarnos algunha imaxe ou vídeo da vosa actividade estaremos encantadas! Unha aperta moi grande!


No hay comentarios:

Publicar un comentario