sábado, 9 de mayo de 2020

Coas mans na masa semana do 4 ao 8 de Maio!!

    Feliz sábado familia! Un pouco tarde, pero chegamos... Unha semana máis subimos os traballiños que fixeron os nenos e nenas!! Os post das outras semanas están actualizados así que non vos esquezades de botarlles un ollo que seguro que vos atopades fotiños de traballos moi fermosos!! Alá imos!

Tutifruti!!
    Alejandro xogou coas froitas, mondounas, probounas hasta con pel e deixounos este simpático collage.

    Breixo, observounas, mondounas, cortounas, probou o zume ( o de limón non lle gustou nadiña, lavou a boca con auga) e logo fixo unha rica macedonia de froitas!!

    Iris tamén fixo a actividade como a prantexamos, pero logo xunto coa súa nai fixeron un xogo sensorial cos  ollos tapados que nos mostran no vídeo, non o podedes perder!!



Pequeno azul pequeno amarelo!!

    Breixo foi un privilexiado e non tivo que ver o conto no blog se non que a profe Emma llo puido contar na casa, enviounos unha foto de como fixo as súas liñas para unir os puntos amarelos, verdes e azuis.
    Iris tamén veu o conto e fixo a actividade, ela empregou temperas, mirade as fotos que nos mandou. 
    Alejandro tamén realizou a actividade de pequenos e coloreou co amarelo e co azul despois de ver o conto da profe Emma.
Patacas day!!
    Iris foi a única en enviarnos imaxes da actividade ata o de agora,  e moi simpáticas!! Envíanos un vídeo xunto coa súa nai na que nos especifican que o uso de este tipo de coitelos é debido a que levan practicando  con eles moito tempo, de non ser así é recomendable que non os empreguedes  cos pequenos ou pequenas. 



    Parece que a Iris non lle gustou moito o puré de pataca que llo dou a boneca... jajaja

Vasos musicais!!
    Alejandro pasouno pipa experimentando cos vasos musicais e coas cores!!


    Iris colocou os vaso musicais por cores, sabe os seus nomes pero non só en galego, tamén en inglés, logo tocounos  e fixo unha serie, así nolo mostra nestes vídeos.
    Breixo tamén nos enviou a súa experiencia cos vasos sensoriais, el ata quería ver a que sabían.

Pichirilo!!
    Alejandro fíxonos chegar este collage feito coas fotos que lle sacaron facendo a granxa e os animais da actividade de pichirilo, tamén nos contaron que lle gustou moito a canción.
Breixo mandanos este vídeo xogando coa súa super granxa de Pichirilo.

    Recordade, nunca é tarde para facer cousas ou mandarnos as vosas propostas, pronto colgaremos unha que nos mandaron Uxio e Iria. Se facedes algunha actividade e nos mandades a foto ou vídeo inda que sexa con retraso colgarémola igual. Unha aperta moi moi grande!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario