jueves, 7 de mayo de 2020

Vasos musicais!

                Bos días familias! Hoxe fixemos un sitiño no noso blog para traballar coa música. A ver se vos gusta a nosa proposta. Trátase de experimentar os sons a través de vasos de cores.


Materiais necesarios:

·         Vasos ou botes de cristal transparentes e do mesmo tamaño.

·         Colorante, temperas de cores ou calquera material que poida tinguir a auga.

·         Auga.

·         Un garfo ou culler de metal.

                É tan sinxelo como encher vasos con diferentes medidas de auga e tinguila. Con esta actividade os nenos e nenas poden traballar os seguintes conceptos:

·         Observar as distintas cores dos vasos e identificalas.

·         Ver as medidas de auga que ten cada vaso e colocalas por tamaños. Cal ten máis, cal ten menos? Ordenámolas?

·         Tocar con un garfo ou unha culler os distintos vasos para ver como soan (máis forte, máis suave, discriminar o son e o silencio, etc).

·         Os que queirades ir un pouco máis alá podedes complementar esta actividade engadindo series de cores, recomendamos comezar cas cores básicas (azul, amarela, verde e vermella), en función da resposta do neno ou nena podemos engadir outras cores e ir engadindo dificultade a actividade.


§  Nun papel debuxamos círculos coas cores, e ímoslle sinalando primeiro de unha en unha para que eles e elas a identifiquen tocando no vaso.

§  Logo podemos sinarl unha serie de dúas cores e que eles vaian tocando nos vasos.

§  Pouco a pouco vamos engadindo máis cores ata onde sexan capaces.

Agardamos os vosos vídeos tocando os vasos musicais!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario