viernes, 15 de mayo de 2020

As pitas baixo a choiva! Vivan as letras galegas!

Feliz Venres familias! Como todas as semanas hoxe é o último día de proposta de actividade. Dentro de dous días estaríamos celebrando o día das nosas letras, este ano aprazouse para o día 31 de Outubro, pero nós queríamos facer unha pequena mención a Ricardo Carvalho Calero o autor ao cal este ano se homenaxea neste día tan sinalado.
Na súa obra destaca un conto titulado o “As pitas baixo a choiva"


 Unha pequena biografía súa na que Ricardo conta que un día de choiva cando era pequeno veu pola súa fiestra como as pitas se estaban mollando e decidiu que quería gardalas, para iso chamou a toda a súa familia, e remataron todos mollados, as pitas, a súa familia e máis el. 
Agora que xa sabemos algo máis gustaríanos que fixésedes os vosos propios pitiños. O materiais necesarios serán:
-          Tubos de papel hixiénico.
-          Pintura de tempera ou dedos de cor amarela ou outras, ou auga e colorante alimenticio.
-          Rotuladores ou pinturas.
-          Folio.
-          Pegamento.
Descrición da actividade: A nena ou neno coloreará o tubo ou tubos de cartón de cor amarelo ou cores das que desexe os seus poliños. Logo nun folio o adulto debuxará as ás  para que o neno ou nena as colore e logo pegarémolas no tubo. Tamén no folio debuxaremos o pico que pintará con unha pintura de cor laranxa ou doutra cor e as patas. O adulto realizará no tubo o resto de detalles como ollos, etc. Deixamos algunha foto de exemplo!
 

    Tamén vos deixámos un enlace de acceso ao conto e tamén á distintas canción que poden ambientar a vosa actividade, só tedes que clicar no título do conto seguinte: "As pitas baixo a chuvia" .
Agora esperamos ver as vosas fotos e que xoguedes moito coa granxa que fixéstedes a semana pasada! Unha aperta moi grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario