lunes, 11 de mayo de 2020

Imos axudar os peixiños!!

Feliz semana de novo familias! Queremos comezar a semana educando en valores as nosas nenas e nenos. Que vos parece? Gústanos moito a idea de ensinarlles a axudar aos demais e por iso queremos realizar as seguinte actividade.

Materiais necesarios.

-          Bolsa de conxelados (que non sexa pequena).

-          Cinta adhesiva.

-          Bote de gomina ou xel de ducha transparente (recomendamos mellor gomina para que non faga burbullas).

-          Rotulador permanente.

-          Pompóns de cores, como alternativa aos pompóns empregaremos anacos de corcho coloreados con pinturas (ceras normais para que non se lle vaia a cor).

-          Anaco de cartón, mínimo do tamaño da bolsa.

O adulto realizará a bolsa: pintará nela tres peixes, se introducimos tres cores de pompóns. Logo botaremos na bolsa o xel ou a gomina (recomendamos gomina para que non vos quede escuma dentro), sen encher a bolsa para que nos dé para poder cerrala. Despois botamos tres ou catro pompóns de cada cor (tres ou catro verdes, tres ou catro azuis, e tres ou catro amarelos) cerraremos a bolsa selándoa con cinta adhesiva polos bordes. Poñeremos a bolsa encima dunha anaco rectangular de cartón e pegámola polos bordes con cinta adhesiva para que aos nenos e nenas non se lles mova cando á manipulen. Aquí deixamos unha imaxe de como pode quedar.


Logo ensinarémoslle a bolsa, dirémoslle que os peixes teñen moita fame, que temos que axudarlle, e cando alguén precise de axuda debemos de colaborar. Neste caso temos que darlle de comer aos peixes, a cada un todos os pompóns da mesma cor. Deslizando co dedo o pompón cara a boca do peixe.

As cores que elixades poden depender dos materiais que teñades na casa, non teñen por que ser esas tres, inda que sexan as que máis afianzadas teñen os pequenos e pequenas.

Podedes mandarnos os vídeos ou imaxes de como lle destes de comer aos voso peixiños!! Unha aperta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario