jueves, 21 de mayo de 2020

A rachar!!

Bos días familias!!

    A actividade que vos propoñemos hoxe é moi sinxela e ademais é unha das qué mais lles gusta aos nenos e nenas. Consiste en rachar  e  romper. O material que imos necesitar van ser unicamente follas de xornais ou revistas vellas. Ímoslle dando aos pequenos e pequenas as follas de unha en unha para que as vaian rachando en anacos:  máis longos, máis curtos, máis anchos, máis estreitos,… como lles saian.

    Unha vez que rematen de rachar as follas, podemos pedirlles que fagan bolas cos cachos de papel. Coas bolas poderemos traballar a forma redonda, a dureza, o tamaño ( grande-pequeno). Ademais abriremos unha porta xigante a infinidade de actividades.

    Para que non se desfagan ao xogar con elas, podedes selalas ao redor con cinta adhesiva, así resistirán máis.

Deixámosvos algunha idea do que podedes facer con estas bolas:

1.       Transportalas: propoñédelle ao neno ou nena que leve as bolas dun lugar a outro facendo un pequeno circuíto. Podédeslle dar unha culler, colocar a boliña nela e que a transporten coa man ata unha caixa, cesta, etc e alí a coloquen. Poden repetilo as veces que queiran e os máis atrevidos e atrevidas poden intentar transportar a culler coa boca!!

2.       Carreiras de bolas: sobre unha mesa ou no chan, colocamos as bolas e dámoslle aos nenos e nenas palliñas. Teñen que soprar pola palliña e  intentar que as bolas se movan.

3.       Aspirar: igual que na anterior proposta imos utilizar unha palliña, pero esta vez para aspirar en lugar de para soprar. A idea é que aspiren forte e sexan capaces de levantar as bolas da mesa ou da superficie na que estean e colocalas nunha cesta, caixiña, prato...

Estamos desexando ver o ben que o pasastes con estas propostas.

Moitos bicos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario