miércoles, 13 de mayo de 2020

Pequenas e pequenos artistas!!

    Bos díaaas!! Hoxe imos xogar a ser artistas!! Imos Tomar como referencia este cadro de Kandisnky:

 

El sonido interior abstracto

A idea é que sobre unha cartolina ou cartón escuro ( negro, azul marino, etc) cortado en forma de cadrado, os nenos e nenas fagan círculos de diferentes cores e tamaños, como na obra de Kandinsky. Podedes facerlle vós o círculo máis grande e arredor del eles e elas farán os demais. Para facer os círculos podedes usar diferentes técnicas e materiais.

- Corchos impregnados en pintura de dedos.

- Pegatinas circulares de diferentes tamaños.

- Pintar coas xemas dos dedos.

- Encher con ceras, rotuladores, etc os círculos xa debuxados.

- ou calquera outra idea que se vos ocorra.

 

Cando rematen, obterán unha bonita obra de arte, creada coas súas propias mans. Estamos desexando ver os vosos cadros, pequenos-grandes artistas!! Unha aperta!!

               


No hay comentarios:

Publicar un comentario