lunes, 4 de mayo de 2020

Tutifruti!!


Feliz semana de novo familias! Comezamos con moitas ganas de experimentar! Apetécevos?              O primeiro que vos propoñemos é que escollades tres ou catro froitas que teñades na casa, das que máis lle gusten aos nenos e nenas e tamén algunha que non, e a estas incluirémoslle un limón, e comezamos:

1º paso: Mostrarémoslle as froitas enteiras:cal é o seu nome? que as toquen, son lisas, rugosas?, que as ulan, que color teñen?,etc.
2º paso: Eles e elas mondarán as que se poidan (mandarina, plátano,...)
3º paso: Cortámolas pola metade e sacámoslle as pebidas ou carabuñas (na medida do posible que o fagan eles).
4º paso: Probamos a froita con pel e sen pel (mazá, peladillo, melocotón,...)
5º paso: Facemos zume de laranxa e de limón probamos o sabor doce e amargo e observamos a reacción.
6º paso: para aproveitar as froitas que nos quedaron empezadas temos dúas opcións:
·         Que os nenos esmaguen as froitas máis brandas con un garfo, engadímoslle se se quere galletas esmagadas e zume de laranxa, e quedaranos un puré ben saborosos.
·         Intentar cortar as froitas en anaquiños, engadir zume de laranxa e facer unha macedonia para a sobremesa.
             
             Traballamos con isto a discriminación dos sabores, doce e amargo, recordar o nome das froitas que vimos na unidade do mercado, a motricidade e a a coordinación ollo - man e tamén podemos aproveita para mellorar a dieta dos nenos, cando esta non inclúe moitas froitas.
              Rico, rico!! Queremos a proba virtual da vosa experimentación!! Unha aperta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario