martes, 12 de mayo de 2020

Un becho estraño!


Bos días familia! Este é o conto que hoxe nos trae a profe Iria! Alá imos!


Despois de escoitar o conto da profe Iria imos colocar as partes do corpo. Teremos as seguintes actividades dependendo da idade:

-          Para os pequenos: O adulto debuxaralle un ovo, noutra folla ou nun cartón máis resistente de ser preciso, debuxará as partes do corpo que se mencionaban no conto (orellas, ollos, nariz, bigote, brazos con dedos, pes e rabo). Logo daralle o ovo ao neno ou nena e iralle dando as partes do corpo para que as vaia colocando no seu.

-          Para os maiores: O adulto pode debuxar un ovo, ou que o neno e nena o debuxe el mesmo, e ir debuxando as partes do corpo que aparecían no conto (orellas, ollos, nariz, bigote, brazos con dedos, pes e rabo), no caso de que o neno non se lembre podemos ir dicíndolle as partes e que eles as vaian debuxando no ovo. Tamén podemos prepararlle a mesma actividade que aos máis pequenos.

Con esta actividade queremos primeiro fomentar o gusto pola lectura e a escoita activa, e afianzar o coñecemento das partes do corpo.

Agardamos ver os voso ovos! Unha aperta moi grande!


No hay comentarios:

Publicar un comentario