jueves, 28 de mayo de 2020

Unha merenda fresca!!

                Holaa!! Estamos aquí de novo. Un día máis queremos fomentar a autonomía e os bos hábitos nos nosos pequenos e pequenas. Por iso a proposta de hoxe é unha merenda fresca e saudable. Cos restos da merenda podemos facer un debuxo.


                Como xa coñecemos noutras ocasións as froitas, nesta ocasión o que precisamos é un recipiente con diferentes froitas e paos de brocheta.

                Os nenos e nenas serán os encargados de crear as súas propias brochetas de froitas. Os máis maiores unha vez que teñan as brochetas feitas poden intentar identificar o anaco, a que froita corresponde.

                Podemos complementar a merenda con iogures ou zumes de froitas, onde poidan meter a brocheta e probar os sabores mesturadas.

                Cos restos que nos queden das froitas podemos debuxar. Darémoslle unha folla e os restos de froitas que nos sobraron, poden ir arrastrando as froitas polo papel coa man ou cravadas nun garfo, e poden observar como algunhas froitas tinguen moito o papel e outras moi pouco.

                Agardamos que vos guste a merenda e fagades grandes obras de arte. Un bico!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario