martes, 5 de mayo de 2020

Pequeno azul pequeno amarelo!

Bos días familia! Hoxe toca conto. A profe Emma vainolo ler, pero esta semana toca en castelán. Despois de escoitala realizaremos unhas actividades. Alá imos.

Propoñémosvos dúas diferenciadas para os pequenos e para os maiores.

Maiores:

    -Colocamos o folio horizontalmente, pintamos nel círculos azuis, amarelos e verdes, como no conto, tanto na parte superior como na inferior. Os nenos e nenas terán que facer liñas verticais, unir arriba abaixo.


    -Colocamos outro folio en vertical e debuxamos nos estremos tres cadrados solo a silueta de cada color (verde, azul e amarela). Primeiro os nenos e nenas terán que colorear o interior da figura da mesma cor que a silueta, logo terán que unir arriba abaixo ca súa forma correspondente.



    -Podemos darlle unha folla e que fagan trazos arriba abaixo




Pequenos:
    -Dámoslle unha folla, despois dámoslle unha pintura de cor azul cando xa teña un anaco pintado desa, darémoslle a cor amarela. O adulto pode facilitar que coa mestura das dúas cores apareza a cor verde e ensinarllo o neno ou nena. Aquí vos deixamos unha mostra.





Un día máis agardamos que vos gustaran as nosas propostas!! E encantaríanos ver que facedes vós! Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario