miércoles, 3 de junio de 2020

Teño unha casiña que é así e así!!

                Bos diiiaaas!! Onte vimos as casiñas por fora co conto dos tres porquiños!! Hoxe imos cantar unha canción!!


                Agora imos ver como son as nosas casiñas por dentro. Recordades o que había en cada espazo?

                Podemos facer cos nenos e nenas un percorrido pola casa, ensinarlles cada estancia, en cal nos atopamos?

-          Cociña: Que facemos na cociña? Que hai na cociña?

-          Habitación: Que facemos na habitación? Que mobles hai na habitación? Cando imos a habitación?

-          Cuarto de baño: Que hai nel? Que facemos nel? Pa que imos o baño?

-          Salón: Que mobles ten? ...


                Esta actividade traballará con eles a linguaxe oral e o coñecemento das estancias da casa. Poden ser moi divertidas as súas respostas deixade que vos conten!! Unha aperta moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario