martes, 2 de junio de 2020

Soprarei e resoprarei e a túa casa derrubarei!!

    Bo día familias!! Un martes máis estamos aquí co conto. Hoxe a profe Iria cóntanos o conto dos tres porquiños como o contaba no centro. Espera que vos guste moito!!


    Agora que xa o vimos propoñemos a seguinte actividade. Imos construír as casas dos porquiños e manipular distintos materiais. Debuxaremos nun folio ou cartón a silueta de tres casas. Logo darémoslle aos nenos e nenas distintos materiais, palla, pauiños, e pedriñas ou gravilla. Botaremos cola ou pegamento dentro das casiñas e os nenos e nenas terán que pegar cada material nunha delas como nas dos porquiños. Logo tamén podemos debuxar ou imprimir os porquiños e que os coloreen para que xoguen a colocalos nas súa correspondente casiña. Deixámosvos un enlace para que poidades imprimir tanto a silueta da casa como dos porquiños e do lobo feroz pincha nos seguintes nomes: Casas  e Porquiños e lobo.

    Con esta actividade podemos traballar distintos conceptos, grande pequeno (cos porquiños), dentro, fora, etc. Tamén podemos explicarlles que se traballamos moito teremos a nosa recompensa, como a que tivo o porquiño maior ao resistir a súa casa por traballar moito.



    Agardamos que desfrutedes moito da lectura e da proposta e que vos queden moi fermosas as vosas casas!! Unha aperta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario