lunes, 8 de junio de 2020

A voar!!

Bos días familias! E feliz semana!!

                Sen dúbida, os globos son un xogo que lles encanta a todos os nenos e nenas, así que imos aproveitar este elemento para aprender xogando.

Podemos inflar globos de diferentes cores e deixámoslle que xoguen con eles libremente. Mellor nun espazo interior, para evitar que saian voando. Pero tamén é interesante que vexan como lle poden escapar.

Podemos propoñerlles:

·         Que nos digan que cor e forma teñen.

·         Agrupalos por cores.

·         Preguntarlles se hai un só ou moitos.

·         Onde están, arriba ou abaixo.

·         Que os compartan.

                Se vos apetece podedes debuxarlle un globo ou un grupo de globos nunha cartolina, cartón, folio, etc,  e eles poden decoralos pintándoos por dentro con pintura de dedos, ceras, esponxas ou pegándolles pegatinas. Deste xeito tamén traballaredes os conceptos dentro-fóra.

Estes serían dous exemplos, pero vós podedes facer as variacións que queirades.



Ogallá o pasedes moi, moi ben con esta actividades! Unha aperta!!

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario