jueves, 11 de junio de 2020

Enfiamos!!

                Bos días familias!! Hoxe tócanos traballar a motricidade fina. Para isto propoñemos dúas actividades diferentes que despois vós podedes modificar segundo os materiais que teñades e as capacidades dos vosos nenos e nenas.

                A primeira proposta é ensartar, precisaredes: plastilina, arxila, ou algún material que faga de base, logo pinchos morunos e macarróns ou palliñas. Termos que facer unha bola coa plastilina ou a arxila e pegala na mesa, cravar os pinchos morunos nela e  o neno ou nena terá que ensartar os macarróns nos pinchos. Para os máis agudos poderemos ensartar as palliñas que teñen o buraco máis pequeno. Previamente poderemos proporlle aos nenos que pinten os macarróns de cores e despois poderán ensartalos nos pinchos por cores iguais que o poden facer tamén coas palliñas. Deixamos unhas imaxes de mostra.


                A segunda proposta é facer un colar ou pulseira de macarróns, para isto precisamos vasos con auga, colorante alimenticio, ou pintura de dedos, macarróns, e lá. Os nenos e nenas tinguirán os macarróns, ben pintándoos con pintura de dedos ou somerxéndoos nun vaso con auga e colorante, logo deixarémolos secar. Cando xa estén secos o adulto fará un no nó final do fío da lá e os nenos e nenas ensartarán os macarróns na lá ata crear un colar ou unha pulseira. Deixamos unhas imaxes de mostra.


                Agardamos que os pequenos e pequenas se entreteñan moito con esta actividade que será moi produtiva para a súa motricidade fina e a súa coordinación ollo man. Enviádenos fotos para ver que ben quedaron os vosos colares  e pulseiras e que guapos estades e tamén para ver que ben o pasastes, unha aperta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario