martes, 16 de junio de 2020

Axudamos na casa!

                Ola ola! Uxia axuda a súa nai e ti?

 

                Agora que xa vimos como axudaba Uxia propoñémosvos algunhas actividades que os nenos e nenas poden facer con vós e ao mesmo tempo colaboran nas tarefas diarias da casa. Por exemplo:

-          Se imos colgar a roupa: podemos dicir que nos pasen as pinzas de unha en unha, as de cor vermella, ou azul, ou verde. A hora de recoller a roupa que intenten apertar a pinza para poder abrila e coller a roupa.

-          Mentres mamá ou papá limpan o po dos mobles podemos darlle un trapo para que limpen o po dos seus xoguetes.

-          Pero tamén poden colaborar coas actividades de fora. Os que teñades animais poden ir con vós a darlle de comer ao animais.

-          Recoller herba recen cortada.

-          Barrer o lixo de diante da porta...

                Trátase de implicalos en todas aquelas actividades da vida diaria para conseguir que cada vez sexan un pouco máis responsables e autónomos.


                Agardamos que desfrutedes desta aprendizaxe e que nos mandedes imaxes para ver canto axudastes!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario