lunes, 15 de junio de 2020

Que hai aquí dentro??

            Bos días familias! Comezamos a semana con unha experimentación. Imos facer botellas sensoriais. Facemos dúas propostas distintas para traballar dous sentidos, o sentido do oído e o sentido da vista. Recomendamos que as botellas empregadas para esta actividade sexan de plástico para que os nenos e nenas as poidan manipular sen ningún perigo.

                As primeiras botellas farémolas para traballar o sentido do oído. Colleremos 4 botellas e podemos darlle aos nenos e nenas garavanzos, pedras, palillos, e algodón. Distintos materiais que fagan distintos son. Eles e elas meteranos dentro das botellas e logo poden facelos soar para ver os distintos son que fan.

                Cando rematen coas botellas sonoras, experimentarán coas botellas visuais. Farémolas coa axuda dos nenos e nenas.

-          Botella de aceite: botaremos media botella de auga. Nun vaso o adulto terá preparado aceite con colorante ben mesturado e dante do neno ou nena engadirá a botella para que vexa como os dous compoñentes non se mesturan. Logo pechará ben a botella para que o neno ou nena poida manipulala sen perigo.

-          Botella de purpurina: botaremos auga con un pouco de colorante ou sen nada nunha botella e logo deixaremos ao pequeno ou pequena que lle engadan purpurina de cores para que así vexan os brillos que fai e pechamos ben.

-          Botella de papeis: Se temos papel de seda ou papel celofán darémoslles uns anacos ao neno ou nena (todos da mesma cor), encheremos a botella de aga case ata a cima e  deixaremos que os pequenos e pequenas metan os papeis dentro para que vexan como se tingue a auga. Lo pechamos e teñen unha botella dunha cor.

-          Botella efervescente: podemos botar auga e colorante doutra cor que non teñamos. Logo en presencia do neno botaremos unha pastilla efervescente para que o pequeno ou pequena vexa como fai burbullas, cando remate pecharemos e teremos outra botella de distinta cor.

                Deixamos algunha foto de botellas sensorias como exemplo:



                Agardamos que vos guste moito a experimentación, e que nos mandedes a mostra do que fixestes!! Unha aperta moi moi grande!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario