miércoles, 10 de junio de 2020

A recoller!!

                Estamos aquí de novo!!! Hoxe queremos facervos unha proposta que será moi importante para cada unha das actividades que fagades cos nenos e nenas que é o momento da recollida. Pode ser un proceso tan divertido como o momento do xogo. Para amenizar ese momento deixámosvos unha canción que cantábamos no centro, e a eles e elas lles gustaba moito.


                Podemos xogar con pezas, con bloques, con cubos, ou calquera material que nos sirva para apilar, facer filas, facer formas, etc. A idea é que no momento que rematen de xogar cos materiais, os recollan pero de xeito divertido, por exemplo: facendo un camiño coas pezas cara a caixa onde as temos que gardar, ou seleccionando primeiro as dunha mesma cor, ou forma, e gardando esas, ou incluso podemos esconderllas e segundo as vaian atopando que as vaian gardando na súa caixa correspondente. Tratase simplemente de converter a hora da recollida nun momento ameno que lles apeteza facer e que podemos amenizar coa canción anterior.

                Deste xeito de forma lúdica, creamos un bo hábito!!


                Agardamos que todos e todas canten e recollan despois de xogar e nos mandedes uns vídeos para que poidamos velo!!! Unha aperta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario