lunes, 1 de junio de 2020

Que pintura tan fresca!!!

                Feliz semana familias!! Hoxe traemos unha proposta que nos mandan Iris e a súa mama Vanesa!!

                Imos a pintar con xeo. É unha actividade moi sinxela para a cal precisamos un pouquiño de tempo de tempo, unha bandexa para facer cubiños de xeo, auga, colorante alimenticio e paos depresores ou no seu lugar paos de brochetas. No seguinte vídeo Iris e a súa mamá Vanesa cóntanos como temos que facer as pinturas.

                Cando xa estén os cubiños de xeo sólidos! Sacámolos do conxelador e dámosllos aos nenos xunto con un folio cartolina ou outra superficie na queiramos que debuxen. Tamén podemos deixar que os proben e despois ensinarlles como lle quedou a lingua tinguida de cores. Temos outro vídeo de como foi a experiencia de Iris.

                Moitas grazas Iris e Vanesa por mandarnos esta proposta tan chula!! Agardamos que ao resto de nenas e nenos lle guste moito e nos manden fotos e vídeos do ben que opasaron!! Unha aperta moi grande para todos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario