martes, 23 de junio de 2020

Noite meiga!!

                Bos días!! Esta noite é noite de meigas, é noite de san Xoan, noite de fogueiras e noite de sardiñas!! Por iso hoxe imos facer as nosas pequenas fogueiras e as nosas sardiñas. Vos sabedes o que é unha sardiña? Aquí vos deixamos as propostas para o dia de hoxe!!

                Papás, mamás propoñémosvos que lles ensinedes aos vosos nenos e nenas unha sardiña de verdade. Poñeremos unha sardiña nun prato, co fin de que os nenos e nenas descubras a súa cor, que é prateada e brilla como o papel de aluminio, a súa textura, que o corpo está cuberto de escamas, a que ule. Podemos aproveitar para que identifiquen as partes do peixe, a cabeza ( que lle busquen os ollos e a boca), ensinarlle por onde respiran (as branquias), o corpo, as aletas, a cola.

                Unha vez que xa coñecemos a sardiña, darémoslle aos nenos un anaco de papel de aluminio, pincel e témperas. Deixaremos que pinten nel, que seque, e unha vez seco faremos a forma dunha sardiña con el.


                Por outro lado empregaremos un tubo de papel hixiénico, ou de papel de cociña, cortarémolo por un dos extremos en tiras e deixaremos o outro extremo para poder agarralo.  Con el e con tempera amarela, laranxa, vermella... Pegaremos nunha base (que pode ser un cartón, unha cartulina..) uns paos que atopemos e coa axuda do noso tubo pintaremos unha fogueira con temperas, amarela, laranxa, vermella...


                Unha vez que xa teñamos a nosa fogueira seca, xa podemos asar as nosas sardiñas encima!!


                 Agardamos ver que ben quedaron as vosas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario