martes, 28 de abril de 2020

Xa podemos saír!


Aproveitando que xa podemos saír un pouco das nosas casas. Podedes dar un paseo e recoller flores polo camiño. A actividade proposta para hoxe ten dúas partes:
A primeira parte sería: saír a dar un paseo e coller flores, grandes, pequenas de distintos cores, con distintos talos... Unha vez recollidas, iremos as nosas casas, e alí experimentaremos sobre as flores que recollemos.
Que cor teñen? Podemos preguntar polas cores, agrupalos por cores... Como son os seus pétalos?, Como olen?, Son suaves? Poderemos arrancar os pétalos, para ver como é por dentro a flor, etc.
                Despois da fase de experimentación poderemos facer unha segunda actividade: Propoñémosvos dúas opcións en función dos materiais dos que dispoñades. Pero se vós tendes outras ideas fenomenal!
“Mantel individual de flores”


                Materiais:
-          Papel de forro autoadhesivo.
-          Flores.
Elaboración:
                Cortaremos un anaco de papel de forro autoadhesivo, nunha das metades os nenos e nenas pegaran as flores e os pétalos co deseño que eles queiran. Despois o adulto cerrará o forro sobre si mesmo. Quedando un mantel individual de flores para cada un.

“Cadro de flores”


                Materiais:
-          Cartón.
-          Pegamento.
-          Anaco de lá.
-          Tesoiras.

Elaboración:
                Faremos un cadrado de cartón, porémoslle pegamento, e darémosllo aos nenos e nenas para que poñan nel os pétalos e as flores. Logo farémoslle un buraco e pasaremos a lá para poder colgar o cadro.

Esperamos ver as vosas elaboracións! Unha aperta moi grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario