martes, 21 de abril de 2020

Mural da Primavera



Hoxe imos darlle cor as nosas casas. Como non podemos facer un mural conxunto da estación da primavera, estaría moi ben que cada un de vós fixésedes un e logo nolo ensinásedes a todos. As profes tamén fixemos un pero o voso seguro que é mais fermoso.
Os materias que empregamos nós foron:
-          Unha cartolina, ou folio.
-          Palillos ou paos de brocheta.
-          Pegamento e tesoiras.
-          Papel de revistas con fondos verdes (para a herba) pero podedes empregar restos de teas vellas...
-          Pintura de dedos, e para quen non teña tamén damos a opción de diluír en unha pouca auga colorante alimenticio, ColaCao, ou “pementón doce” que tamén tinguen.
-          Un rotulador ou pintura (para facer algún detalle).
-          Algodón.
Descrición da actividade: Creamos un mural con flores. Pegamos os talos das flores, que serán palillos ou paos de brocheta, sobre a cartolina ou folio. Logo os nenos poden rachar ou recortar das revistas co fondo verde os anacos, que se pegarán con forma de “collage” para facer a herba e as follas. Os pétalos da flor pódense estampar cos dedos, con periódico, con un pano de papel enrolado, con un anaco de tea... Podemos engadir detalles como as nubes e que os nenos peguen algodón, ou outros que poidan pintar.

Este que vos ensinamos foi o noso resultado pero estamos seguras de que os vosos van quedar moito máis bonitos. Facédenos chegar os vosos traballos, encantaríanos compartilos xunto co noso neste blog. Unha aperta!

1 comentario: