miércoles, 29 de abril de 2020

Facemos cousas sós!



Os hábitos de autonomía persoal son moi importantes nesta etapa, pero non debemos esquecer que cada neno  e nena ten unha evolución madurativa diferente.
Propoñémosvos xogos que favorecen que os nenos e nenas colaboren na súa hixiene diaria. Podemos utilizar os seus bonecos e bonecas ou a eles mesmos diante dun espello. Que recoñezan e sinalen, por exemplo, as diferentes partes da cara como ollos, orellas, boca  e tamén do corpo, mans, pés,…
A continuación podémoslle propoñer ao neno ou nena que lle lave, seque ou limpe unha parte determinada do corpo que nós lle indicamos. Aos máis pequenos podemos axudarlle  a localizala:
-      Lávalle as mans!
-      Sécalle  os pés!
-      Límpalle a boca!
Tamén podemos facer a actividade co seu propio corpo.
-          Lava a cara!
-          Seca os pés!
-          Limpa a boca!

            Un paso máis de cara a conseguir esta autonomía é a retirada do cueiro. Papás, mamás. Sabemos que moitos de vós estades aproveitando o confinamento para retirarlle o cueiro aos vosos nenos, xa que despois do verán comezan unha nova etapa. Debedes de ter en conta que para eles a retirada do cueiro implica deixar atrás outras cuestión significativas: o apego a un obxecto que leva en contacto co seu corpo anos, o cambio na relación co adulto de referencia, etc. É un reto que os fai maiores e máis independentes e iso require de sentirse “capaz”, de “ser quen”, de ir conquistando novos terreos. Toda unha vitoria para eles!


Por iso non hai presa, todos chegarán á meta, o importante é que sexa o seu logro, que eles noten que o conseguiron eles mesmos. E para que lle axudedes un pouco deixámosvos un pequeno conto que a profe Iria nos gravou.









No hay comentarios:

Publicar un comentario